Valencia Open 500 e UNICEF, unidos contra a desnutrición infantil

Os dereitos da infancia son os protagonistas do próximo Valencia Open 500, que se celebrará do 20 ao 28 de outubro na Cidade das Artes e as Ciencias.

Este torneo de tenis, un dos eventos deportivos máis relevantes da Comunidade Valenciana, cumpre o seu décimo aniversario apoiando a UNICEF na loita contra a desnutrición infantil, que afecta a millóns de nenos no mundo.

Para UNICEF, a supervivencia é o primeiro dereito dos nenos. O traballo da organización para reducir a mortalidade infantil no mundo céntrase en programas de saúde, nutrición e auga e saneamento.As accións principais que leva a cabo UNICEF teñen que ver coa prevención e tratamento da desnutrición infantil, arehidratación oral en caso de diarrea, a promoción da lactación materna, ainmunización contra as enfermidades prevenibles ou a distribución de mosquiteiras para evitar a malaria. En 2011, UNICEF contribuíu a que10 millóns de nenos fosen vacinados contra o sarampelo, 7 millóns de persoas tivesen acceso a auga potable e se repartisen 14,5 millóns de mosquiteiras para evitar a malaria.O número de nenos menores de cinco anos que morreron a escala mundial reduciuse de case 12 millóns en 1990 a un estimado de 6,9 millóns en 2011. Cada día morren uns 14.000 nenos menos, o que supón un descenso do 41%, pasando de 87 mortes por cada mil nacidos vivos en 1990 a 51 o ano pasado.

 

 

as accións de esta alianza

As principais accións que se realizarán no marco desta alianza son:

 Entra en e súmate á loita contra a desnutrición infantil!  

  • ValenciaOpen 500 destinará a UNICEF 0,50 euros de cada entrada vendida para a loita contra a desnutrición infantil.
  • Do 10 ao 17 de outubro, a achega será maior: Valencia Open 500 destinará 1,20 euros aUNICEF por cada entrada vendida. Con 1,20 euros, UNICEF pode proporcionar un día de tratamento contra a desnutrición aguda grave a un neno.
  • Do 18 ao 28 de outubro Valencia Open 500 súmase á loita contra a desnutrición infantil invitando a enviar unSMS coa palabraUNICEF ao28028. Ademais, pon a disposición da organización todos os seus medios de comunicación para o evento.
  • UNICEF dispoñerá dun espazo no FUN PARK no que voluntarios da organización informarán sobre o traballo deUNICEF e venderán produtos e regalos.  
  • UNICEF organizará visitas de alumnos de distintos centros educativos ao torneo durante toda a semana.
  • O sábado 27 de outubro, pola mañá, UNICEF realizará unha carreira solidaria contra a desnutrición infantil nas instalacións do torneo.