Valverde Consultores comprométese coa infancia máis vulnerable
A empresa Valverde Consultores uniuse a Multiplica pola Infancia, unha iniciativa de UNICEF Comité Español que facilita a colaboración da pequena e mediana empresa, de asociacións profesionais e outros colectivos do sector privado na defensa dos dereitos da infancia máis vulnerable.
Os fondos que se conseguen con esta
iniciativa destínanse ben a programas e proxectos deUNICEF en máis de 150
países e territorios en desenvolvemento, ben á iniciativaEscolas para África.
Escolas para África é unha alianza entre UNICEF, a Fundación Nelson Mandela e a Fundación Peter Krämer a favor da educación dos nenos en África. Ata a data beneficiáronse uns 21 millóns de nenos neste continente.
Aeducación contribúe a mellorar a vida dos nenos e as súas comunidades, e é unha peza clave para rematar co círculo de pobreza que ameaza millóns de nenos de países en desenvolvemento. Permite aos nenos e nenas adquirir o coñecemento e as aptitudes necesarios para adoptar formas de vida saudables e asumir un papel activo na toma das decisións que lles van afectar no futuro.