Violencia contra os nenos en Exipto

O número de nenos mortos, feridos e detidos en Exipto chegou a niveis alarmantes

 
 

Declaración do Representante de UNICEF en Exipto, Philippe Duamelle
 
UNICEF pide ás autoridades exipcias, as forzas de seguridade e outras partes involucradas nas manifestacións e actos violentos rexistrados Nel cairo que protexan os nenos.Con demasiada frecuencia, os nenos quedan atrapados no medio da violencia. Cos datos e testemuños de primeira man realizados por nenos pódese ter unha imaxe gráfica de como os últimos enfrontamentos lles están a afectar. Nos últimos seis días o número de nenos mortos, feridos e detidos chegou a niveis alarmantes. Segundo o Ministerio de Sanidade, 15 persoas morreron e máis de 800 resultaron feridas nos últimos seis días.Segundo algunhas organizacións exipcias defensoras dos dereitos dos nenos, polo menos dous nenos foron asasinados, decenas resultaron feridos, e 69 foron detidos no mesmo período.
Este desprezo polos dereitos dos nenos e a súa seguridade debe ser condenado e paralizado de inmediato.

 
UNICEF insta as autoridades e todas as partes a respectar totalmente os dereitos dos nenos e protexelos de acordo coa lexislación exipcia e internacional humanitaria e os dereitos humanos. Non deben ser vítimas da violencia, nin tampouco testemuñas dunha violencia innecesaria.Ademais, UNICEF pide que se investiguen rapidamente os incidentes que provocaron a morte de nenos, feridos ou detencións, e tamén que se aseguren os tratamentos pertinentes e coidados axeitados ás vítimas.