Violencia en Nixeria: os nenos perden as súas vidas, as súas casas e as súas escolas
A crise humanitaria nos países veciños achégase debido ao efecto contaxio da violencia en Nixeria. Os nenos son os que máis sofren as terribles consecuencias do conflito, que está a facer que perdan as súas casas, impide que reciban educación e pon en risco as súas vidas.
"A violencia intensificouse nas últimas semanas, converténdose nunha crise humanitaria de moita maior escala," explica Manuel Fontaine, director rexional de UNICEF para o oeste e o centro de África. "Temos que facer todo o que poidamos para previr a propagación da violencia en Nixeria e outros países da rexión".

Violencia en Nixeria: Casi un millón de persoas fuxiron das súas casas
Case un millón de persoas fuxiron das súas casas en Nixeria a causa da violencia que afecta á zona norte do país, e máis de 135.000 buscaron refuxio en Camerún, Chad e Níxer.
Os recentes ataques en Baga deron lugar a unha nova ondada de refuxiados nos países veciños, contribuíndo a incrementar a crise humanitaria na rexión, a gran maioría son mulleres e nenos.
En Chad, máis de 9.000 refuxiados nixerianos e retornados chadianos chegaron ao país dende o inicio deste mes, elevando o número total de refuxiados nixerianos alí ata os 10.000. Máis de 100 nenos chegaron sen os seus pais ou alguén que os coide.
En Camerún, os nenos representan o 60% dos 25.000 refuxiados nixerianos que viven no campo de Minawao, na zona norte, onde un recente asentamento revelou unha alarmante taxa de desnutrición entre os nenos.
Níxer tamén viu un forte incremento do número de persoas que buscan refuxio na rexión de Diffa, onde mulleres e nenos representan o 70% dos 100.000 refuxiados e retornados nixerianos.

o traballo de UNICEF para apoiar as vítimas da violencia en Nixeria
Dende UNICEF estamos a traballar para proporcionar aos nenos desprazados e refuxiados e as súas familias asistencia básica, incluíndo auga potable, e servizos de nutrición, saúde e protección.
- En Nixeria, máis de 65.000 nenos foron tratados por desnutrición aguda grave. Os voluntarios comunitarios formados chegaron a máis de 13.000 nenos para darlles apoio psicosocial. Máis de 3 millóns de nenos recibiron suplementos de vitamina A.
- En Camerún, construíronse 10 instalacións de tratamento de augas e 160 latrinas; ademais, distribuíronse 1.300 kits de hixiene. Tamén se proporciona unha análise nutricional e tratamento en colaboración coa Cruz Vermella. Creáronse catro espazos amigos da infancia, que ofrecen apoio psicosocial.
- En Chad, UNICEF está a incrementar a súa presenza na rexión do lago Chad e, a través da súa oficina en Mao, distribúe subministracións esenciais como kits de hixiene e alimento terapéutico, así como mantas, roupa, tendas de campaña e auga.
- En Níxer, máis de 96.000 nenos foron vacinados contra o sarampelo, dende o 28 de decembro ao 3 de xaneiro, e a capacidade escolar está a ser reforzada para proporcionar espazos adicionais aos nenos refuxiados e locais.