Xerusalén e Cisxordania: declaración de UNICEF sobre a violencia contra os nenos
"A indignación xustificada polo homicidio dun adolescente palestino en Xerusalén hoxe, e a vista onte nos funerais polos tres mozos israelís asasinados en Cisxordania, son un recordatorio de que nunca deberiamos afacernos a tales ataques contra os nenos, en ningún lugar, de ningún xeito, e en ningún momento.
Condenamos todos os recentes asasinatos porque son crimes terribles e porque non hai nada máis perxudicial para as esperanzas de paz na rexión.
O asasinato de nenos e a violencia deliberada contra eles son crimes imperdoables polos que os seus autores deben render contas.
UNICEF expresa o seu máis sentido pésame ás familias dos nenos asasinados. Reiteramos o chamamento do Secretario Xeral da ONU á moderación para evitar unha maior perda de vidas. E recordamos a todas as partes no conflito a súa obriga legal e moral de protexer os nenos de calquera dano".