Xordania: 132.000 nenos vacinados contra a polio e o sarampelo

Máis de 132.000 nenos foron vacinados contra o sarampelo e a poliomielite no norte de Xordania, como parte dunha campaña de vacinación conxunta de UNICEF e o Ministerio de Saúde xordano.

A campaña rematou en decembro e chegou a nenos xordanos e sirios menores de cinco anos, incluídos os nenos sirios que viven nocampamento de refuxiados de Za'atari, preto da fronteira con Sirya.  

Previr enfermidades que son unha ameaza nos campamentos de refuxiados

"Moitos nenos que chegan de Sirya non recibiron as vacinas esenciais na infancia debido ao conflito, que dura xa case dous anos. Temos que asegurarnos de que estes nenos, que sobreviviron a tantas cousas, estean protexidos contra enfermidades potencialmente mortais", dixo o Representante de UNICEF Xordania, Dominique Hyde. O doutor Mohammad Abu Khudhair, Coordinador Médico no campamento de Za'atari, comentou que esta campaña era moi necesaria. "Co número de desprazados sirios que chegan a Xordania,o sarampelo, por exemplo, é unha ameaza nos campamentos de refuxiados e outros lugares onde as persoas viven en condicións de amoreamento".Sabah Al Muwali, enfermeira do Centro de Maternidade e Infancia de Mafraq, sinala que cada día o centro recibía entre 300 e 400 nenos que acudían a vacinarse. Eidaé unha das mulleres que espera cos seus sobriños porque está convencida de que "as vacinas son unha boa estratexia e salvan vidas".
 
 

Campañas de vacinación a grande escala

Vacinar tantos nenos non é unha tarefa doada. Transportar e almacenar as vacinas pode ser complicado, xa que deben manterse frías en todo momento, con diferentes temperaturas para o sarampelo e a poliomielite. Neste tipo de campañas masivas infórmase os paismediante a distribución de folletos e carteis nos xardíns de infancia, as mesquitas, as asociacións de mulleres e outras organizacións locais. As propias vacinas proporciónanse de forma gratuíta en centros de saúde, e establecéronse equipos móbiles para chegar aos nenos do campamento de Za'atari e pequenas comunidades.Esta campaña de vacinación forma parte dunha resposta máis ampla á prevención destas enfermidades. En Sirya, a campaña de vacinación contra o sarampelo e a poliomielite iniciouse a finais de novembro. Ata o 12 de decembro, 948.000 nenosforan vacinados contra apoliomielite, e máis de 772.000contra o sarampelo, mentres a campaña aínda continúa.