Xordania: UNICEF leva auga potable a miles de desprazados sirios
Por Melanie Sharpe, Especialista en Comunicación de UNICEF
Abdullah, de 11 anos, observa en silencio o po que cobre os seus pés baixo o abrasador sol vespertino que cae no campamento de refuxiados de Za'atari, en Xordania.
A súa nai, Hajar, enche un cubo con auga mentres
vixía de preto Abdullah e a súa filla de oito anos,Esra. Como a maioría das familias no
campamento, Hajar e os seus cinco
fillos proceden dunha cidade do sur de
Sirya que entrou nunha espiral de violencia.
"Non vin nin oín o meu marido en sete meses. Eutiña un taller de costura, peroincendiáronmo, a miña casa foi incendiada. Tivemos
que fuxir a Xordania. Todo o mundo está a saír de
alí", explica.
Máis de 6.000 sirios encóntranse agora aloxados nocampamento de Za'atari, incluíndo Hajar e os seus fillos de 3, 7, 8, 9 e 11 anos. As
condicións son duras. O sol do deserto é sufocante, non hai sombra
natural e as tormentas de po desátanse regularmente polo
campamento.Garantir ás familias acceso regular a auga potablepode ser unha tarefa terriblemente difícil en metade do deserto e
nun dos países con maior escaseza de auga do mundo.UNICEF e aAxencia Federal Alemá para a Axuda Técnica(THW, polas súas siglas en inglés)
están a liderar a subministración de auga potable, hixiene,
saneamento e a xestión dos residuos en todo o
campamento.
“NECESITAMOS APOiO URxENTE”
Neste momento todo
o mundo en Za'atari ten acceso
a auga potable, baños e duchas, así como un lugar paralavar a roupa, pero necesitamos apoio
urxente para garantir que isto siga sendo así", sinalaMichele Servadei Representante Adxuntode UNICEF Xordania.
Dende a apertura do campamento o pasado 29 de xullo, UNICEF e os equipos de auga de THW estiveron a traballar contra o reloxo para que
cada refuxiado de Za'atari teña polo
menos 50 litros de auga diarios. Tamén hai varias
zonas de lavado que inclúen lavabos, duchas e
vertedeiros. UNICEF tamén
está a distribuír 2.000 ziirs (grandes vasillas de barro
tradicionais usadas para recoller a auga e mantela fresca).
Non moi lonxe da entrada ao campamento, na rúa principal de grava
fronte ás fileiras de tendas de campaña, está un doscentros de saúde móbiles do campamento.
O equipo do centro tardou dous días en montar as 28 tendas que
conforman a instalación. Os médicos e as enfermeiras poden recibir
ata 600 pacientes ao día e hai camas para uns50 pacientes ambulatorios. "Esta clínica
simplemente non pode funcionar sen auga", asegura o médico Dr.Karim Idrissi.
Subministrar a auga suficiente para manter máis de 6.000 persoas e
os múltiples centros de saúde no deserto é caro. Cos camións
cisterna, UNICEF leva aproximadamente
357.000 litros de auga potable a Za'atari todos os días. UNICEF tamén se está a preparar paraperforar un pozo no campamento para reducir os
custos de transporte e dar solución ao problema de acceso á auga de
xeito máis sostible. Pero a perforación tamén será custosa e a
demanda de auga continúa aumentando.
"Centos de familias
sirias están a chegar a Za'atari todos
os días, incrementando a demanda de auga. UNICEF agradece o apoio recibido, pero agora
necesítase moito máis urxentemente para chegar a estas familias que
viven en condicións tan duras ", di Michele
Servadei.
Nos vertedeiros,Abdullah e Esra axudan á súa nai a levar o seu cubo de auga.
Os ollos dos nenos están de cor rosa e inchados polo po que sopra.Hajar di que non pode crer que esta
sexa a súa vida agora: "Quero volver á miña casa, quero
unha máquina de coser, só quero volver
traballar".
Ninguén sabe por
canto tempo máis terán que permanecer neste campamento no deserto
familias como a de Hajar. UNICEF e os seus aliados están a facer todo o
posible para proporcionar os servizos
básicos a estas familias que xa sufriron
demasiado.