127 millóns de mozos e adolescentes son analfabetos
Un informe de UNICEF recolle avances e retos para o progreso da infancia e a adolescencia.Durante os últimos 20 anos, os adolescentes beneficiáronse dos progresos conseguidos nos sistemas de educación e saúde pública. Non obstante, as necesidades de moitos adolescentes abandonáronse: máis dun millón deles perde a vida cada ano e decenas de millóns están a quedar fóra dos sistemas de ensino, segundo un novo informe de UNICEF que recolle datos como que hai 127 millóns de mozos e adolescentes analfabetos.
O documento, titulado Progreso para a Infancia: Un informe sobre os adolescentes, identifica, por exemplo, África subsahariana como o lugar máis difícil para a vida dun adolescente. A poboación adolescente da rexión segue crecendo e prevese que sexa a área co maior número de adolescentes no mundo cara ao ano 2050. Pero só a metade dos nenos na África subsahariana completa o ensino primario e a taxa de emprego xuvenil é baixa. Este informe pon de manifesto outras consecuencias alarmantes da repartición non equitativa dos beneficios do progreso entre o total de 1.200 millóns de adolescentes (definido polas Nacións Unidas entre as idades de 10 e 19 anos) que agora viven en todas as rexións do mundo. "As desvantaxes ligadas á pobreza, a condición social, o xénero ou a minusvalidez impiden a millóns de adolescentes o cumprimento dos seus dereitos a unha educación de calidade, á saúde, a protección e a participación", dixo a Directora Executiva Adxunta deUNICEF, Geeta Rao Gupta. "Este exhaustivo informe reforza a nosa comprensión dos problemas que enfrontan os adolescentes máis pobres e desfavorecidos. É momento de atender as súas necesidades, non deben ser deixados atrás".
O documento, titulado Progreso para a Infancia: Un
informe sobre os adolescentes, identifica, por exemplo, África
subsahariana como o lugar máis difícil para a vida dun adolescente.
A poboación adolescente da rexión segue crecendo e prevese que sexa
a área co maior número de adolescentes no mundo cara ao ano 2050.
Pero só a metade dos nenos na África subsahariana completa o ensino
primario e a taxa de emprego xuvenil é baixa.
Este informe pon de manifesto outras consecuencias alarmantes da
repartición non equitativa dos beneficios do progreso entre o total
de 1.200 millóns de adolescentes (definido polas Nacións Unidas
entre as idades de 10 e 19 anos) que agora viven en todas as
rexións do mundo.
O informe sinala a necesidade de aumentar o investimento en todos
os aspectos da vida e o benestar dos adolescentes, mesmo na súa
loita pola supervivencia. Cada ano 1,4 millóns de adolescentes
morren a causa de accidentes de tráfico, complicacións no parto,
suicidio, SIDA, violencia e outras causas. Nalgúns países de
América Latina, morren máis adolescentes como resultado de
homicidios que por accidentes de tráfico ou suicidios. En África,
as complicacións no embarazo e o parto son a principal causa de
morte de adolescentes entre 15 e 19 anos.
Os nenos que chegan á adolescencia están cada vez máis expostos á
violencia, deixando atrás a primeira infancia, cando as
enfermidades e a nutrición son os principais retos. As adolescentes
son particularmente vulnerables á violencia no matrimonio. Nunha
enquisa realizada na República Democrática do Congo, o 70% das
rapazas entre 15 e 19 anos que estaban casadas declararon ter
sufrido violencia por parte da súa antiga parella ou do seu
cónxuxe.
Os adolescentes, especialmente as nenas, vense obrigados a deixar
de ser nenos e asumir roles de adulto antes de estar preparados, o
que limita as súas oportunidades de aprender e crecer, e pon a súa
saúde e seguridade en risco. O informe sinala que máis dun terzo
das mulleres de entre 20 e 24 anos que vive nos países en
desenvolvemento, agás China, estaban casadas ou tiñan parella aos
18 anos, e preto dun terzo delas se casou aos 15 anos.
O informe destaca que as taxas de natalidade das adolescentes son relativamente altas en América Latina, o Caribe e África subsahariana. En Níxer, a metade das mulleres novas de entre 20 e 24 anos deron a luz antes dos 18 anos. A nivel mundial, o 90% dos nenos en idade de asistir ao ensino primario, están matriculados nas escolas primarias, e os sistemas de educación secundaria aumentaron en moitos países. Non obstante, a matriculación en ensino secundario segue sendo baixa, especialmente en África e Asia. Moitos alumnos en idade de cursar estudos de secundaria están en primaria. En África subsahariana danse os peores indicadores de educación secundaria de todas as rexións. Uns 71 millóns de nenos en idades de iniciar o ensino secundario non están na escola, e 127 millóns de mozos e adolescentes entre 15 e 24 anos son analfabetos, a gran maioría en Asia meridional e África subsahariana. O informe afirma que son necesarios esforzos significativos en materia de promoción, programas e políticas para facer realidade os dereitos de todos os adolescentes. A adolescencia é unha etapa crítica da vida na que un investimento correcto pode romper o ciclo da pobreza e conseguir beneficios sociais, económicos e políticos para os adolescentes, as súas comunidades e nacións. Pero o estudo tamén incide en que os adolescentes deberían ser recoñecidos como verdadeiros axentes de cambio nas súas comunidades. Os programas e políticas, ao tempo que protexen os adolescentes como nenos, deben recoñecer a súa capacidade para a creatividade, innovación e a enerxía para resolver os seus problemas.