500.000 nenos migrantes e refuxiados expostos á explotación nunha crise que alimenta as redes de traficantes

Os novos datos revelan que desde xaneiro de 2015, ao redor de medio millón de nenos migrantes e refuxiados recorreron aos servizos de traficantes de persoas. Empuxados pola desesperación e os atrasos nos procesos caen en mans de criminais dispostos a beneficiarse da súa vulnerabilidade.

Para poder traer á luz estes negocios turbios de tráfico de nenos migrantes cara a Europa e ofrecer unha resposta adecuada, UNICEF solicitou información desde distintas fontes - incluíndo a Europol-Interpol, testemuños dos propios nenos, publicacións doutras axencias de Nacións Unidas, ONG, e informes en medios corroborados.

Os datos publicados esta semana por Eurostat revelan que máis de 580.000 solicitudes de asilo foron presentadas por nenos en Europa* desde xaneiro de 2015. Segundo un informe recente da Europol-Interpol máis de 90% das viaxes realizadas polas persoas refuxiadas e migrantes que chegan á Unión Europea son facilitados por traficantes que traballan para redes criminais, polo que se estima que polo menos medio millón de nenos recorreron a traficantes nalgún punto do seu percorrido. Os nenos non acompañados supoñen preto de 100.000 destas persoas, e están especialmente predispostos a usar eses servizos.
 
 "Pechar fronteiras é como pechar as portas con chave, pero deixando as xanelas abertas, isto empuxa aos nenos, especialmente ao non acompañados, a tomar riscos maiores", dixo Marie-Pierre Poirier, coordinadora especial de UNICEF para a crise de persoas refuxiadas e migrantes en Europa.
 
"Aínda que a onda de migrantes e refuxiados baixou considerablemente, os peches fronteirizos, as políticas estritas de migración e o acordo Unión Europea-Turquía levaron a estes grupos criminais a adaptar rutas de tráfico de drogas e armas ben establecidas polas que transportar a persoas refuxiadas e migrantes."
 
"As políticas de control migratorio son as  que a miúdo guiaron aos Estados na súa resposta, en lugar das necesidades urxentes e reais e os dereitos dos nenos refuxiados e migrantes . Se houbese opcións legais e seguras, os nenos e as súas familias non se verían forzados a verse entre as mans de traficantes que levan a moitos deles por rutas perigosas ou irregulares".
 
Actualmente estímase que tanto o tráfico como a trata de persoas xeran ganancias de 5 ou 6 miles de millóns de dólares anualmente. Como o número de persoas facendo estas perigosas viaxes descendeu, Europol estima que estes criminais triplicaron os seus prezos, con moitos migrantes pagando até 3.000 euros por cada traxecto da súa viaxe.
 
Os nenos ven obrigados a endebedarse a miúdo con eles para ser transportados. Ter que pagar estas débedas ponlles nun risco aínda maior de explotación por parte dos traficantes. Hai informes de nenos non acompañados en Francia e Italia que ven forzados a traballar, a intercambiar servizos sexuais ou coaccionados para cometer crimes.

Para protexer aos nenos migrantes e refuxiados, UNICEF fai un chamamento urxente:

·         É necesario realizar esforzos moito maiores para identificar as accións de tráfico e trata dirixidas  aos nenos en tránsito.

 
·         En países de tránsito, particularmente en Grecia e Italia, é crítico que os actores de protección infantil estean equipados para poder dar asistencia individual e apoio a todos os nenos migrantes e refuxiados vulnerables, con enfoque especial nos nenos non acompañados.
 
·         Unha recollida de datos dos nenos máis estrita no contexto da resposta a persoas migrantes e refuxiadas en Europa.
 
Cando a calidade da resposta mellora, e inclúe unha entrevista persoal dentro das primeiras 72 horas, mellor acceso á información, nomeamento dun adulto de referencia como titor, actualizacións frecuentes no seu proceso e acceso mellorado a asistencia legal, o risco de que o neno se marche de forma inadvertida para continuar a súa viaxe con traficantes redúcese considerablemente.
 
UNICEF estivo establecendo equipos móbiles en áreas crave con expertos en protección infantil, para proporcionar servizos a nenos en tránsito e axudar a identificar rapidamente aos nenos que poden ser vítimas de tráfico e trata. Por exemplo, o equipo especialista e aliados nos centros de menores non acompañados en Atenas e arredores e no porto de Lampedusa, Italia, están a colaborar na identificación e asistencia de mulleres e nenas que puideron ser vítimas de explotación sexual. UNICEF comprometeuse tamén a un monitoreo e investigación permanente do impacto do tráfico nos nenos refuxiados e migrantes.
 

Nota para os editores:

*Os datos de Eurostat revelan un total de 586.645 solicitudes de asilo de nenos nos últimos 19 meses en toda Europa, 560.140 en países da UE. Mentres que o total  pode incluír casos de dobre contabilización de nenos, tanto en canto solicitaron asilo en máis dun país, non inclúe aqueles nenos refuxiados ou migrantes que non solicitaron ou puideron solicitar asilo.

Para descargar fotografías:

https://box.unicef.es/files/i1y8YvkvkYYfhF8Ru7VKiujDUgNhlCIM4AjMkhbbukFYcr9lcouPq/Fotos_ninos_en_transito.zip

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.  

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: comunicacion@unicef.es

 

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

snapcode unicef peque

@unicef_es