800.000 nenos obrigados a fuxir da violencia en Nixeria e a rexión
Un ano despois do secuestro de máis de 200 alumnas en Chibok, UNICEF chama a atención sobre o impacto desvastador dos conflitos nos nenosAo redor de 800.000 nenos víronse obrigados a fuxir dos seus fogares a causa do conflito no nordés de Nixeria entre Boko Haram, as forzas militares e os grupos de autodefensa civil, segundo un novo informe de UNICEF.
Publicado un ano despois do secuestro de máis de 200 alumnas
en Chibok,
'Missing
Childhoods'
(Infancias perdidas) revela que o número de nenos que foxen dentro
de Nixeria para tratar de salvar as súas vidas, ou que cruzan a
fronteira cara ao Chad, Níxer e Camerún, ten máis que duplicado en
pouco menos dun ano.
"O secuestro de máis de 200 nenas en Chibok é
só unha das traxedias sen fin que se repiten nunha escala épica ao
longo de Nixeria e da rexión", di Manuel
Fontaine,
director rexional de UNICEF para
África Occidental e Central. "Decenas de nenos e nenas
desapareceron en Nixeria secuestradas, recrutados polos grupos
armados, atacados, utilizados como arma de guerra, ou obrigados a
fuxir da violencia. Estes nenos teñen dereito a que se lles devolva
a súa infancia".
Estas cifras publícanse nun momento en que UNICEF comezou
a chamar a atención acerca do impacto desvastador que supón o
conflito para os nenos da rexión utilizando
o hashtag #bringbackourchildhood
(devólvannos a infancia).
'Missing
Childhoods'
describe como o conflito é unha carga cada vez máis
pesada
para os nenos de Nixeria e de toda a rexión:
. Os nenos están a ser utilizados nas filas
de Boko
Haram como
combatentes, cociñeiros, carrexadores e
vixías.
. As mulleres novas e as nenas están a ser sometidas a matrimonios
forzados, a traballos forzados e son vítimas de
violacións.
. Os estudantes e mestres convertéronse de forma deliberada en
obxectivos da violencia: máis de 300 escolas sufriron danos ou
foron destruídas e polo menos 196 profesores e 314 alumnos morreran
ata finais de 2014.
UNICEF intensificou
a súa resposta humanitaria á crise. Durante os últimos seis meses,
a organización proporcionou asesoramento e apoio psicosocial a máis
de 60.000 nenos e nenas afectados polo conflito en Nixeria, Níxer,
Camerún e Chad, para axudar a aliviar a dor que lles producen os
recordos, reducir o estrés e facer fronte á angustia
emocional.
UNICEF tamén
está a traballar con diversos aliados para proporcionar auga
potable e servizos vitais de saúde, restaurar o acceso á educación
mediante a creación de espazos temporais de aprendizaxe e ofrecer
tratamento terapéutico aos nenos desnutridos.
Debido ao déficit de financiamento
existente, UNICEF insta
os doadores internacionais a incrementar o seu apoio financeiro ás
actividades de socorro en Nixeria e os países
veciños. UNICEF recibiu
só o 15% dos 26,5 millóns de dólares necesarios para a súa resposta
humanitaria en Nixeria para 2015, e menos do 17% do chamamento
xeral de financiamento humanitario para Camerún, o 2% para Níxer e
o 1% no caso de Chad.
Como parte desta campaña, UNICEF está
a utilizar Snapchat -unha
plataforma social onde as mensaxes desaparecen- para poñer de
relevo a difícil situación dos centos de miles de nenos que están a
perder a súa infancia como resultado do conflito.
Para contar as historias dos nenos que fuxiron da
violencia, UNICEF e
os principais artistas de Snapchat compartirán
imaxes baseadas en debuxos de nenos de Nixeria, Chad, Níxer e
Camerún. As obras reflicten as perdas dos nenos cando teñen que
fuxir dos seus fogares e as feridas emocionais e o sufrimento que
soportaron, e que inclúe ver como asasinaban, torturaban ou
secuestraban os seus pais e irmáns.
Tamén se invita á xente a que comparta o que botarían máis de menos
se lles obrigasen a fuxir das súas casas, xa sexa
en Snapchat ou
noutras canles sociais utilizando o hashtag #bringbackourchildhood.
Para obter máis información, visita a campaña
de UNICEF en Tumblr bringbackourchildhood.tumblr.com
Para descargar fotos e vídeos:
Para descargar o informe: