Case 750 millóns de persoas aínda carecen de auga potable axeitada
A pesar dos extraordinarios avances en materia de auga potable a nivel mundial, as persoas máis vulnerables non se están a beneficiar. En toda España, máis de 100.000 nenos participan en carreiras da auga a favor da infancia en NíxerCon motivo do Día Mundial da Auga, UNICEF manifestou que o acceso a auga potable foi un dos maiores logros dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), pero que obter este servizo esencial segue representando un serio problema para 748 millóns de persoas en todo o mundo.
"Dende 1990, a historia do acceso a auga potable estivo marcada por
enormes avances, malia circunstancias adversas en extremo
difíciles", dixo Sanjay
Wijesekera,
xefe dos programas mundiais de auga, saneamento e hixiene
de UNICEF.
"Pero queda moito por facer. A auga é a esencia da vida; non
obstante, 750 millóns de persoas, sobre todo, aqueles en situación
de pobreza e marxinalidade, seguen privados deste dereito humano
fundamental".
Ao redor de 2,3 millóns de persoas accederon a fontes de auga
potable melloradas dende 1990. Como resultado, a meta
do ODM de
reducir á metade a porcentaxe da poboación mundial sen acceso a
auga potable alcanzouse 5 anos antes de vencer o prazo, fixado para
2015. Actualmente só hai tres países
-Mozambique, Papúa Nova
Guinea e República Democrática do Congo- onde máis da metade da
poboación adoece de falta de auga potable
mellorada.
Pero, a pesar destes progresos, segue habendo disparidades
significativas. Dos 748 millóns de persoas en todo o mundo que
aínda non se están a beneficiar, o 90% viven en zonas rurais e
están a quedar marxinadas do progreso dos seus
países.
A falta de auga apta para o consumo pode ter consecuencias tráxicas
para os nenos. En media, preto de 1.000 nenos morren todos os días
a causa de enfermidades diarreicas asociadas con auga potable
contaminada, saneamento deficiente ou malas prácticas de
hixiene.
No caso das mulleres e as nenas, recoller auga reduce o tempo que
poden dedicar ao coidado das súas familias e ao estudo. En zonas
inseguras, saír a recoller auga leva consigo o risco de ser vítimas
de violencia e ataques. UNICEF calcula
que, soamente en África, a xente camiña 40.000 millóns de horas
todos os anos para abastecerse de auga.
O acceso a auga potable en África subsahariana, a rexión coa
cobertura máis baixa en 1990, incrementouse a razón de 50.000
persoas diarias dende o ano 2000. Non obstante, a esta rexión
corresponden máis de dous de cada cinco persoas que carecen de
acceso a nivel mundial; é dicir, 325 millóns. A maioría dos países
da rexión non están en camiño de conseguir a meta
do ODM.
Outra rexión que preocupa é Oceanía, onde apenas se rexistraron
progresos dende 1990. Un alto número de persoas non dispón de auga
potable en China (112 millóns) e na India (92
millóns).
En colaboración con gobernos e aliados, UNICEF está
a impulsar o desenvolvemento de métodos innovadorese económicos que permitan avanzar neste ámbito.
- En Bangla Desh, UNICEF utilizou
un método interesante e novidoso para captar auga de chuvia e
posteriormente bombeala a acuíferos pouco profundos, ofrecendo
seguridade na subministración de auga a aproximadamente 1 millón de
persoas cuxas augas subterráneas se salinizado.
- En República Democrática do Congo, grazas ao modelo de "aldeas
saudables", máis de medio millón de persoas obtiveron acceso en
2014 a fontes de auga potable e servizos de saneamento mellorados
nas súas comunidades, e 229 escolas foron dotadas de instalacións
de auga, saneamento e hixiene.
#díadelagua, é o hashtag co que o Comité Español de UNICEF poñerá de relevo a dura situación dos que seguen carecendo de auga potable.
Gotas para Níxer
UNICEF Comité
Español espera que este curso participen preto de 100.000 nenos e
nenas pola infancia de Níxer a través das Carreiras da Auga. Estas
carreiras forman parte da campaña Gotas para
Níxer, no marco do programa Enrédate con UNICEF,
e que ten como propósito dotar trinta escolas de fontes de auga
potable.
Estas actividades deportivas contribúen a apoiar o traballo
de UNICEF en
Níxer para mellorar o acceso da poboación a auga, hixiene e
saneamento, contribuíndo así a que cada vez máis nenos nixerianos
gocen do seu dereito á saúde, a educación e a protección. Níxer é
un dos países onde a falta dun acceso universal e seguro a fontes
de auga potable e servizos de saneamento e hixiene limita os
dereitos de máis nenos e nenas. En Níxer, o 50% da poboación
permanece sen auga potable e tan só un 4% dos que viven en zonas
rurais ten acceso a saneamento. Máis información en:http://www.enredate.org/gotas