Case dous millóns de nenos están en risco de pobreza relativa en España

En España, case un de cada catro nenos, un 24,1%, está en risco de pobreza relativa, é dicir, que viven en fogares que teñen uns ingresos inferiores ao 60% da mediana nacional. Este dato sitúa a España á cola dos 27 países membros da UE, só superada por Romanía, Bulgaria, Letonia e Italia.

MadridO estudo Infancia en España 2010-2011, presentada hoxe por UNICEF España destaca que esta porcentaxe presenta unha tendencia ascendentedende o 23% en 2005, e ademais pon de manifesto os primeiros indicios que anticipan un preocupante impacto da crise económica sobre a infancia. A pobreza infantil concéntrase maioritariamente en fogares con familias numerosas ou monoparentais e en situación de desemprego ou emprego precario.  

A redución da pobreza infantil é unha cuestión tanto de recursos coma de deseño e planificación de políticas sociais. Segundo os datos de 2008, España ocupa, xunto a Grecia, o último lugar da UE no gasto público en familia e infancia,cun 0,7% do PIB, por debaixo da media da UE, que se situou no 2,3%.O estudo de UNICEF España xorde a raíz das observacións realizadas polo Comité de Dereitos do Neno, un órgano de expertos independentes amparado pola ONU, que analizou este ano a aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) no noso país. Tanto o Comité coma o informe Infancia en España 2010-2011 destacan que, dende que España ratificou a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1990, se produciron avances substanciais no benestar e a aplicación dos dereitos dos nenos. Non obstante, aínda se deben afrontar desafíos importantes que o Comité repasa no seu informe, tales como ofracaso escolar ou a situación dos nenos inmigrantes non acompañados  .

Para abordar estes desafíos é preciso que a infancia pase a ser unha prioridade naaxenda política. UNICEF España propón unha axenda para a acción que recolle unha ducia de medidas clave, empezando pola necesidade inmediata de dobrar o investimento en políticas sociais de infancia e familia para avanzar cara á media europea. Seguindo a recomendación do Comité de Dereitos do Neno, UNICEF España promove a adopción dun Plan Nacional de Loita contra a Pobreza Infantil, a posta en marcha do Consello de Medios Audiovisuais previsto na nova lei e a elaboración dun regulamento de estranxeiría que garanta os dereitos dos nenos. Co obxectivo de avanzar en todos os ámbitos que reflicte Infancia en España 2010- 2011, os comités autonómicos de UNICEF España traballan cos partidos políticos para que os programas electorais dos próximos comicios municipais inclúan compromisos concretos cos dereitos da infancia. Nesta liña, en Andalucía subscribiuse o Pacto Andaluz pola Infancia, que foi asinado a finais de outubro polos máximos representantes en Andalucía do PSOE, o PP, a coalición IU LV CA e o Partido Andalucista.

Datos estatísticos (indicadores) de benestar infantil: anexo ao final do informe

Para consultar el informe Infancia en España 2010- 2011 completo:  www.unicef.es

Acerca de UNICEF

UNICEF trabaja en el terreno en más de 150 países y territorios para tratar de garantizar a los niños y las niñas el derecho a sobrevivir y a desarrollarse desde la primera infancia hasta la adolescencia. UNICEF, que es el mayor proveedor de vacunas para los países en desarrollo, trabaja para mejorar la salud y la nutrición de la infancia; el abastecimiento de agua y saneamiento de calidad; la educación básica de calidad para todos los niños y niñas y la protección de los niños y las niñas contra la violencia, la explotación y el VIH/SIDA. UNICEF está financiado en su totalidad por las contribuciones voluntarias de individuos, empresas, fundaciones y gobiernos.

Más información:

Dailo Allí,
Xefe de Prensa de UNICEF España,
Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55
E-mail: dailo.alli@unicef.es