CHAMAMENTO DOS XEFES DOS PRINCIPAIS ORGANISMOS HUMANITARIOS DAS NACIÓNS UNIDAS EN FAVOR DO POBO DE SIRYA
Xa abonda, xa abonda.
Tras máis de dous anos de conflito e máis de 70.000 mortes, incluídos as de miles de nenos...
Despois de que máis cinco millóns de persoas se visen obrigadas a abandonar os seus fogares, incluídos máis dun millón de refuxiados que viven nos países veciños sometidos a unha intensa presión...
Despois de que tantas
familias fosen separadas e tantas comunidades, escolas e hospitais
fosen destruídos e os sistemas de auga desmantelados...
Despois de todo isto,
aínda parece haber un escaso sentimento de urxencia entre os
gobernos e as partes que poderían poñer fin á crueldade e a matanza
en Sirya.
Nós, os dirixentes dos
organismos das Nacións Unidas encargados de facer fronte aos custos
humanos desta traxedia, realizamos un chamamento aos dirixentes
políticos para que cumpran coa súa responsabilidade cara ao pobo de
Sirya e o futuro da rexión.
Pedímoslles que utilicen
a súa influencia colectiva para insistir nunha solución política a
esta crise horrenda antes de que centos de miles de persoas perdan
os seus fogares, as súas vidas e o seu futuro nunha rexión que xa
está nun punto de inflexión.
Os nosos organismos e aliados humanitarios estiveron a facer todo o posible. Co apoio de moitos gobernos e persoas, axudamos a albergar máis dun millón de refuxiados. Axudamos a proporcionar acceso aos alimentos e outras necesidades básicas a millóns de desprazados polo conflito; á auga e ao saneamento a máis de 5,5 millóns de persoas afectadas en Sirya e nos países veciños; e aos servizos básicos de saúde a millóns de sirios, incluíndo vacinas para máis de 1,5 millóns de nenos contra o sarampelo e a poliomielite.
Pero segue sendo
insuficiente. As necesidades están a aumentar ao tempo que diminúe
a nosa capacidade de intensificar as actividades, debido á
seguridade e a outras limitacións prácticas dentro de Sirya, así
como ás limitacións de financiamento. Estamos perigosamente preto,
talvez en cuestión de semanas, da suspensión dalgún tipo de apoio
humanitario.
O noso chamamento non é
hoxe en favor de máis recursos, malia que son necesarios. Estamos a
apelar a algo máis importante que os fondos. A todos os
involucrados neste conflito brutal e a todos os gobernos que poden
influír neles:
En nome de todos os que
sufriron tanto, e de moitos outros cuxo futuro pende dun fío: Abonda! Xunten e utilicen a súa
influencia, agora, para salvar ao pobo sirio e salvar á rexión do
desastre".