Decenas de nenos foron asasinados e levados pola forza en ataques violentos en Sudán do Sur
Decenas de nenos foron asasinados, polo menos 12 violados e outros tantos levados pola forza e recrutados durante unha serie de ataques que tiveron lugar en Sudán do Sur nas últimas dúas semanas, segundo os testemuños que recibiu UNICEF.
De acordo a decenas de testemuños de persoas que fuxiron de aldeas
en chamas, os nenos foron vítimas e tamén levaron a cabo os actos
de violencia recentes no estado de Unidad,
nos que homes e nenos armados, vestidos de militares ou de civís,
foron responsables da destrución masiva de vidas e
propiedades.
Os superviventes contaron a persoal de UNICEF como
aldeas enteiras foron queimadas e reducidas a cinzas por grupos
armados, mentres que un gran número de nenas e mulleres foron
violadas e asasinada publicamente- incluíndo algunhas de apenas
sete anos. Polo menos 19 nenos - algúns tan só de dez anos- e sete
nenas foron asasinados. Outros foron mutilados ou recrutados para
unirse ao combate e coidar o gando roubado.
O representante de UNICEF en
Sudán do Sur, Jonathan
Veitch dixo
que os testemuños de varias testemuñas mostran unha fotografía
terrorífica da situación que están a sufrir estes nenos e nenas
mentres se intensifican os combates días antes do comezo da tempada
de chuvias.
"Que os nenos sexan o obxectivo deliberado destes ataques é unha
barbaridade", dixo Veitch.
"Para protexer os nenos dun dano maior, é unha necesidade urxente o
cesamento inmediato das hostilidades, xunto co
pleno
acceso dos traballadores humanitarios. Tamén se require unha
investigación urxente e exhaustiva para identificar e pedir contas
aos responsables destas últimas atrocidades cometidas" "contra os
nenos".
O Goberno de Sudán do Sur e as forzas de oposición ao Goberno deben
utilizar toda a súa influencia para protexer os nenos e deter de
inmediato as graves violacións contra a infancia, incluída a
violencia sexual, así como incidir para liberar a todos os nenos
das forzas armadas e os grupos asociados, dixo UNICEF.
Calcúlase que uns 13.000 nenos foron recrutados ou utilizados por
todas as partes en conflito, segundo datos verificados por Nacións
Unidas.
A maioría das persoas que sobreviviron aos recentes ataques en
Sudán do Sur son mulleres e nenos pequenos. UNICEF e
os seus aliados están a proporcionar apoio psicolóxico aos
superviventes e rexistran os nenos que están sós ou non acompañados
para reunificalos coas súas familias.
Nas últimas semanas, os combates foron en aumento nos estados de
Unidade e Alto Nilo,
provocando violacións contra os dereitos da infancia cunha
regularidade alarmante.
Para UNICEF é
fundamental permitir a Nacións Unidas, o acceso sen restricións ás
zonas afectadas pola violencia recente nos estados
de Unidad e
Alto Nilo,
co fin de brindar apoio e protección ás mulleres, os nenos e a
todos os civís que poden estar feridos, atrapados ou escondidos.
Para descargar recursos audiovisuales e multimedia: http://weshare.unicef.org/MediaResources