Declaración do director executivo de UNICEF, Anthony Lake, con motivo do 50º aniversario da obtención do Premio Nobel da Paz por parte de UNICEF

"Cando o segundo director executivo de UNICEF, Henry Labouisse, aceptou o Premio Nobel da Paz en nome de UNICEF en 1965, afirmou que "o benestar dos nenos de hoxe está directamente vinculado á paz do mundo de mañá". Hoxe, nun mundo en crecente axitación, as súas palabras aínda seguen vixentes. E fálannos a todos. 

Mentres un neno nado en 2015 ten moitas máis probabilidades de sobrevivir e desenvolver o seu potencial que uno nacido en 1965, hoxe o benestar de moitos nenos está ameazado polo conflito e a crise, as carencias e as desvantaxes. Moitos están a ser testemuñas e vivindo cousas que ningún neno debería afrontar xamais. E en cada comunidade, demasiados nenos están a crecer con privación de todo o que necesitan para estar sans e fortes.
 
Cando traballamos para chegar a estes nenos - para aliviar o seu sufrimento, para axudarlles a crecer e aprender - non estamos só dándolles unha oportunidade de ter un futuro. Estamos a darlles a oportunidade de construír un futuro mellor para eles mesmos, as súas familias e as súas comunidades. Unha xeración de nenos non só capaces senón tamén dispostos a crear sociedades máis fortes, estables e pacíficas. Unha xeración renovada, non ferida.
 
Cada neno ten o dereito á tranquilidade dunha infancia normal. UNICEF traballou cada día desde que tivemos a honra de recibir o Premio Nobel da Paz, e continuará traballando para avanzar nos dereitos de cada neno, onde queira que estean. Porque este é o camiño máis seguro para que a paz sexa posible".
 

Más información:

Najwa Mekki, UNICEF New York, +1212 326 7448, +1917 209 1804, nmekki@unicef.org

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, comunicacion@unicef.es