En Iraq 3,6 millóns de nenos atópanse en grave perigo pola crecente violencia
Os nenos en Iraq están nas liñas de lume e son constante e incesante branco dos ataques Material multimedia dispoñible para descarga: http://uni.cf/291HUIdhttp://uni.cf/291HUId3,6 millóns de nenos en Iraq - 1 de cada 5 no país -corren serio risco de morte, lesións, violencia sexual, secuestro ou recrutamento por parte de forzas armadas. Estes datos, recollidos no informe publicado hoxe por UNICEF Un alto prezo para os nenos, revelan que o número de nenos en perigo destas violacións creceu en 1,3 millóns nos últimos 18 meses.
Os achados mostran que 4,7
millóns de nenos necesitan axuda humanitaria - a terceira parte de
todos os nenos iraquís - mentres moitas familias enfróntanse agora
a unhas condicións deterioradas despois das operacións militares en
Faluya e nos arredores de Mosul.
"Os nenos en Iraq están nas liñas
de lume e son constante e incesante branco dos ataques", declarou
Peter Hawkins, representante de UNICEF Iraq. "Chamamos a todas as
partes á moderación, e a respectar e protexer aos nenos. Debemos
axudalos co apoio que necesitan para recuperarse dos horrores da
guerra e contribuír a un Iraq máis pacífico e próspero".
O informe de UNICEF documenta a
escalada e a complexidade da crise humanitaria nun país abatido por
case 4 décadas de conflito, inseguridade e neglixencia, onde o
impacto sobre os nenos empeora cada día.
Un total de 1.496 nenos foron
secuestrados no país nos últimos 2 anos e medio. Isto tradúcese en
50 nenos secuestrados ao mes, con moitos forzados a loitar ou
abusados sexualmente.
"O rapto de nenos dos seus
fogares, das súas escolas e das súas rúas é horrible", conta
Hawkins. "Estes nenos están a ser arrincados das súas familias e
sometidos a abusos e explotación".
O informe mostra tamén que case o
10% dos nenos en Iraq - máis de millón e medio - foron forzados a
fuxir dos seus fogares en varias ocasións por culpa da violencia
que empezase en 2014. Aproximadamente 1 de cada 5 escolas non se
poden utilizar por culpa do conflito, e case 3,5 millóns de nenos
en idade escolar non acceden á educación.
Para facer chegar axuda a nenos
en desesperada necesidade, UNICEF e os seus aliados están a
traballar baixo condicións de extrema dificultade. Proporcionou
apoio psicolóxico a máis de 100.000 nenos no último ano e medio;
provisto de auga limpa a máis de 750.000 persoas desde o inicio do
ano; vacinou a 5,6 millóns de nenos contra a polio; e apoiou a máis
de 710.484 nenos para que accedan á escola.
UNICEF urxe a tomar acción
inmediata para protexer os dereitos dos nenos en Iraq mediante 5
pasos:
· Pór
fin ao asasinato, mutilación, secuestro, tortura, detención,
violencia sexual e recrutamento dos nenos. Deter os ataques a
colexios, instalacións e persoal médico.
·
Proporcionar acceso humanitario incondicional e sen trabas para
todos os nenos dondequiera que estean no país, incluídas zonas que
non están baixo o control do goberno. En áreas onde o conflito está
presente, os civís que desexen desprazarse deben ter un acceso
seguro e recibir os servizos que necesiten.
·
Estender e mellorar a educación para nenos que están fóra do
colexio con clases de recuperación. Aumentar o acceso ao ensino e
dotar a mestres e nenos con materiais educativos e de capacitación.
Eses son os nenos que reconstruirán Iraq e contribuirán a un futuro
máis pacífico e estable.
·
Prover de programas psicolóxicos e recreativos para axudar a que os
nenos se recuperen e que poidan reconectar coa súa infancia.
·
Aumentar os fondos xa que os recursos están a acabarse e estanse
tendo que recortar o apoio que salva a vida dos nenos. UNICEF
necesita 100 millóns de dólares para responder as necesidades dos
nenos de Iraq en 2016.
Hai portavoces de UNICEF dispoñibles para
entrevistas en Bagdad e Erbil
Acerca de UNICEF
UNICEF promove os dereitos e o
benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos
nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para
transformar este compromiso en accións prácticas, centrando
especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis
vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en
todas partes.