A innovadora película "O Comezo da Vida" proxectarase en todo o mundo en transmisión en vivo e en plataformas multimedia
O comezo da vida, unha innovadora longametraxe documental que explora as repercusións que ten a contorna temperá do neno sobre o seu desenvolvemento cognitivo, social e emocional proxectarase en todo o mundo en Netflix, iTunes e Google Play o 1 de xuño de 2016.
A película recibe apoio de UNICEF e conta con aparicións como a da modelo Gisele Bündchen e o gañador do Premio Nobel de Ciencias Económicas, James Heckman. É unha creación do director Ronsel Renner (Way Beyond Weight), e foi producida por Maria Farinha Filmes, con sede en Brasil.
O documental de 90 minutos,
realízase en resposta aos avances da neurociencia que permitiron
descubrir o papel crucial que desempeñan os primeiros anos de vida
dos nenos á hora de determinar o seu desenvolvemento futuro.
Filmado en Arxentina, Brasil,
Canadá, China, Estados Unidos, Francia, Italia e Kenia, O
comezo da vida documenta os primeiros anos da vida dunha serie
de nenos e nenas, e das súas familias, e presenta entrevistas con
especialistas en desenvolvemento na primeira infancia.
"Un desenvolvemento eficaz do
neno na primeira infancia prodúcese cando os nenos senten que lles
alentan, que lles coidan, que lles protexen e que lles aman. Cando
os nenos reciben todos estes elementos fundamentais nos anos de
formación das súas vidas, teñen as mellores oportunidades posibles
de desenvolverse plenamente", dixo Pia Britto, directora para o
desenvolvemento na primeira infancia de UNICEF.
"Esta fermosa película, que
estamos tan orgullosos de apoiar, describe como as contornas
sociais son tan importantes como os factores xenéticos para o
desenvolvemento dos nenos. Esta evidencia debería obrigar aos
gobernos e aos responsables políticos a actuar agora e a dar
prioridade ao investimento nos primeiros anos de vida dos nenos:
desde a crianza até os programas de atención e aprendizaxe temperá
para todos os nenos", dixo Britto.
As familias protagonistas
proceden de distintas orixes culturais, étnicos e sociais, como
Gisele Bündchen, de Brasil, e Phula, unha nena que coida soa dos
seus irmáns na India. A película explora temas como a licenza por
maternidade, a función do pai, a crianza conxunta dos fillos, a
pobreza, os dereitos do neno, a violencia e o abandono e ofrece
unha base e forma orixinal de comprender o desenvolvemento na
primeira infancia.
Para a directora da película,
Ronsel Rener "Tanto para ben como para mal, os recordos emocionais
teñen un peso moito maior durante este período, que é un tempo de
formación, de creación e de estructuración dos individuos".
O gañador do Premio Nobel en
Ciencias Económicas, James Heckman, ofrece o seu testemuño na
película, dicindo que "coidar apropiadamente aos nosos bebés é o
mellor investimento que se pode facer a favor da humanidade".
Ademais de UNICEF, a película
tamén recibiu apoio da FundaciónMaria Cecília Souto Vidigal, a
Fundación Bernard Van Ler e o Instituto Alana. Foi dobrada en seis
idiomas e subtitulada en 21.
Para a redacción:
Servicio:
Título: O principio da
vida (www.thebeginningoflife.com)
Data de estreo: 1 de juño de 2016 (Netflix, iTunes e
Google Play)
Duración: 90 min.
Lugares de filmación: Estados Unidos, Brasil, China, Francia,
Italia, Arxentina, Kenya, India e Canadá.
Créditos
Dirixida por: Estela Renner
Edición de: Jordana Berg
Escritora: Estela Renner
Directora de fotografía: Janice D'Ávila
Productora: Maria Farinha Filmes, Estela Renner, Luana Lobo y
Marcos Nisti
Asistente de dirección: Mari Mitre
Directora de producción: Juliana Borges
Banda sonora: Ed Côrtes
Historia: Ana Lucia Villela y Estela Renner
Presentado por: Fundación Maria Cecília Souto Vidigal, Fundación
Bernard Van Leer, Instituto Alana y UNICEF
Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=LHqUMqvL1RQ
Aquí pódense descargar videos condensados:https://www.dropbox.com/sh/1pfyaz1osedfduw/AACtHvF6C9fl7fkgUF2zZQOBa?dl=0
Para descargar imaxes:https://www.dropbox.com/sh/garcqbyhdhhrsch/AAA2Zky2Y6QV00g7FQGQhWN8a/Social%20Network%20image%20kit?dl=0
Acerca de UNICEF
UNICEF promove os dereitos e o
benestar de todos os nenos e nenas en todo o que fai. Xunto aos
nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para
transformar este compromiso en accións prácticas, centrando
especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis
vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en
todas partes.