Máis de 6.000 comunidades en África abandonan a práctica da mutilación xenital feminina

Máis de 6.000 comunidades africanas elixiron abandonar a práctica da mutilación xenital feminina, segundo o Programa Conxunto de Nacións Unidas creado para eliminar esta práctica. E a cifra segue crecendo.

Máis de 6.000 comunidades africanas elixiron abandonar a práctica da mutilación xenital feminina, segundo o Programa Conxunto de Nacións Unidas creado para eliminar esta práctica. E a cifra segue crecendo. O Fondo de Poboación de Nacións Unidas, UNFPA, e o Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, aliáronse neste esforzo conxunto para erradicar a
mutilación xenital feminina, unha práctica que implica serios riscos para a saúde inmediatos e a longo prazo, ademais dunha evidente violación dos dereitos humanos fundamentais de nenas e mulleres.Estamos a traballar en 12 de 17 países africanos prioritarios e víronse resultados reais - os anos de duro traballo están a producir unha redución das taxas de mutilación xenital" asegurouNafissatou Diop, Coordinador do Programa Conxunto de UNFPA eUNICEF sobre a mutilación xenital feminina. "En Etiopía, a taxa de prevalencia caeu dun 80% a un 74%, en Kenya do 32% ao 27%, e en Exipto do 97% ao 91%. Aínda hai moito traballo por facer"
engadiu. Tres millóns de nenas enfróntanse cada ano a esta práctica en África e en todo o mundo, e máis de 140 millóns de mulleres e nenas xa foron sometidas a esta
práctica.
  

O Programa Conxunto de UNFPA e UNICEF, posto en marcha no ano 2008, anima as comunidades a abandonar de forma colectiva a mutilación xenital feminina. Para iso úsase un achegamento á cultura local, mediante dialogo e relacións sociais, para que abandonen a práctica nunha xeración. O programa baséase nos dereitos humanos e involucra a todos os grupos da comunidade, incluíndo líderes relixiosos e ás propias mozas. En vez de condenar a mutilación xenital feminina, anima ao abandono colectivo para evitar o rexeitamento dos que a practican e así conseguir a súa renuncia voluntaria. Para conmemorar o Día Internacional contra a Mutilación Xenital Feminina, UNFPA e UNICEF renovaron o seu compromiso de erradicar esta práctica, e pediron á comunidade internacional que participe neste esforzo crucial. Tamén consideran que a mutilación xenital feminina pode ser abandonada nunha xeración, o que axudaría a millóns de nenas e mulleres poidan a vivir as súas vidas plenamente, e con mellor saúde. "En tres anos de desenvolvemento deste programa, máis de 6.000 comunidades de Etiopía, Exipto, Kenya, Senegal, Burkina Faso, Gambia, Guinea e Somalia xa abandonaron a mutilación xenital feminina" segundo un comunicado conxunto do Director Executivo doUNFPA, Babatunde Osotimehin, e o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake. "As normas sociais e as prácticas culturais están a cambiar, e as mulleres e homes das comunidades estanse a unir para protexer os dereitos das nenas. UNFPA eUNICEF están a traballar cos seus aliados para rematar con esta práctica daniña nunha xeración e cremos que alcanzar esta meta é posible. " Notas:

  1. A mutilación xenital feminina é a escisión de todo ou parte dos xenitais femininos. A pesar dos esforzos globais para promover o abandono desta práctica, continúa realizándose en moitos países en desenvolvemento, e estendeuse a outras partes do mundo, como Europa ou América do Norte onde se estableceron familias inmigrantes.
  2. A maioría das nenas que sufriron esta práctica viven en 28 países de África e Asia occidental. Tamén se localizou esta práctica nalgunhas poboacións de India, Indonesia e Malaisia.    
  3. O Programa Conxunto de UNFPA e UNICEF participará nun evento tituladoTendiendo pontes entre Europa e África, contando coa presenza de representantes de gobernos de África, Europa e América Latina, axencias de Nacións Unidas e outros grupos internacionais e mulleres que sufriron a mutilación xenital feminina, incluída a rapeira senegalesa Sister FA.  

O acto está organizado polo Comité Inter-Africano (IAC polas súas siglas en inglés) o luns 7 de febreiro de 9 a 13 horas no Centro Internacional de Congresos de Xenebra. Para máis detalles ou entrevistas ao coordinador do programa ou a Sister Fa, pódese contactar con Anne Wittenberg no teléfono +41 79 916 8833.

Acerca de UNICEF
UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA. UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.  

Más información:

Dailo Allí
Xefe de Prensa de UNICEF España,
Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55
E-mail: dailo.alli@unicef.es
www.unicef.es