A mortalidade materna baixa un 44% dende 1990
Destácao un informe da OMS, UNICEF, UNFPA, Banco Mundial e o Fondo de Poboación de Nacións Unidas
Nota de prensa conxunta.
As cifras de mortalidade materna
descenderon un 44% desde 1990, segundo informaron axencias de
Nacións Unidas e o Banco Mundial.
Segundo os datos recolleitos no
informe, a mortalidade materna ha baixado de 532.000 casos en 1990
a unha estimación de 303.000 este ano. Este é un dunha serie de
informes que miden o progreso realizado no marco dos Obxectivos de
Desenvolvemento do Milenio (ODM). Isto significaría que a taxa de
mortalidade materna no mundo está ao redor de 216 mortes maternas
por cada 100.000 nados vivos, por baixo dos 385 de 1990.
A mortalidade materna defínese
como a morte da muller durante o embarazo, o parto ou nas seis
semanas seguintes ao parto.
"Os ODM desencadearon esforzos
sen precedentes para reducir a mortalidade materna", indicou a
doutora Flavia Bustreo, subdirectora xeral de familia, muller e
saúde infantil da OMS. "Nos últimos 25 anos, o risco dunha muller
de morrer por causas relacionadas co embarazo reduciuse case á
metade. Isto é un progreso importante, aínda que non é suficiente.
Sabemos que podemos acabar con estas mortes en 2030, e niso é no
que nos comprometemos a traballar".
Conseguir ese obxectivo vai
requirir moito esforzo, segundo o doutor Babatunde Osotimehin,
director executivo do Fondo de Nacións Unidas para a Poboación.
"Moitos países con altas taxas de mortalidade materna avanzarán
pouco, ou quizá ata queden atrás nos próximos 15 anos se non
mellora o número actual de matronas dispoñibles e outros
traballadores da saúde con coñecementos de obstetricia," afirmou.
"Se non lle damos un bo impulso agora, en 2030 atoparémonos outra
vez con que non conseguimos os obxectivos para reducir a
mortalidade materna".
A análise recolleita en Trends in
Maternal Mortality: 1990 to 2015 - Estimates by WHO, UNICEF, UNFPA,
World Bank Group and the United Nations Population Division
(Tendencias en Mortalidade Materna: 1990 a 2015 . Estimacións da
OMS, UNICEF, UNFPA, Banco Mundial, e o Fondo de Nacións Unidas para
a Poboación) publicouse hoxe na revista médica The Lancet.
Asegurar o acceso a servizos de
saúde de boa calidade durante o embarazo e o nacemento está a
axudar a salvar vidas. As intervencións esenciais en materia de
saúde inclúen: boas prácticas de hixiene para reducir o risco de
infección; inxectar oxitocina inmediatamente despois do parto para
reducir o risco de hemorraxias; identificar e atallar posibles
condicións que poden ser mortais como a hipertensión inducida polo
embarazo; e asegurar acceso a servizos de saúde e reprodución e
planificación familiar para mulleres.
Avances desiguais
A pesar dos logros conseguidos a
nivel global, soamente 9 países alcanzaron o ODM 5 para reducir as
taxas de mortalidade materna en polo menos un 75% entre 1990 e
2015. Eses países son Bután, Cabo Verde, Cambodia, Irán, República
Democrática Popular Lao, Maldivas, Mongolia, Ruanda e Timor
Oriental. A pesar dos importantes avances, a taxa de mortalidade
materna nalgúns destes países mantense máis alta que a media
mundial.
"Tal como vimos con todos os
outros ODM relacionados coa saúde, o reforzo do sistema de saúde
ten que estar complementado con atención a outros temas para
reducir a mortalidade materna", explica a directora executiva
adxunta de UNICEF Geeta Rao Gupta. "A educación das mulleres e
nenas, en particular das máis vulnerables, é clave para a súa
supervivencia e a dos seus fillos. A educación dálles os
coñecementos para desafiar as prácticas tradicionais que poñen en
perigo a súa saúde e a dos seus fillos".
Para finais de ano, preto do 99%
das mortes maternas ocorrerán nas rexións en desenvolvemento, con
África subsahariana á cabeza, rexistrando 2 de cada 3 mortes (66%).
Pero iso é un progreso moi grande: África subsahariana reduciu case
un 45% a taxa de mortalidade materna, de 987 a 546 por cada 100.000
nados vivos, entre 1990 e 2015.
Os maiores logros conseguidos
nunha rexión foron os de Asia Oriental, onde a media de mortes
maternas descendeu aproximadamente de 95 a 27 por cada 100.000
nados vivos (unha redución do 72%).
Nas rexións desenvolvidas, a
mortalidade materna ha baixado un 48% entre 1990 e 2015, de 23 a 12
por cada 100.000 nados vivos.
Traballar para erradicar as mortes maternas por causas
previbles
A nova Estratexia Global para
a Saúde das Mulleres, Nenos e Adolescentes lanzada polo
Secretario Xeral de Nacións Unidas en setembro de 2015, busca
axudar a alcanzar o ambicioso obxectivo de reducir as mortes
maternas a menos de 70 por cada 100.000 nados vivos, a nivel
mundial, tal como está incluído nos Obxectivos de Desenvolvemento
Sustentable (ODS). Alcanzar esa meta fará posible que se triplique
o ritmo ? do 2,3% de mellora anual na taxa de mortalidade materna
rexistrada entre 1990 e 2015, a 7,5% ao ano, empezando o próximo
ano.
A estratexia global destaca a
necesidade de reforzar o liderado do país na mobilización de
recursos domésticos e internacionais para a saúde das mulleres,
nenas e adolescentes. Será importante reforzar os sistemas de saúde
para que proporcionen coidados de boa calidade en todos os
contextos, promovan a colaboración entre sectores, e apoien aos
individuos e as comunidades para que poidan tomar decisións
informadas sobre a súa saúde e que esixan o coidado de calidade que
necesitan. A estratexia destaca que unha atención especial é
necesaria nas crises humanitarias e nos contextos máis fráxiles, xa
que as mortes maternas tenden a aumentar neses contextos.
"O ODS que contempla erradicar a
mortalidade materna para 2030 é ambicioso e alcanzable se
redobramos os nosos esforzos", explica o doutor Tim Evans, director
de Saúde, Nutrición e Poboación do Banco Mundial. "O Global
Financing Facility in Support of Every Woman Every Childlanzado recentemente, enfocada en modelos de financiamento máis
sustentables, intelixentes e ampliables axudarán aos países a
proporcionar servizos de saúde esenciais a mulleres e nenos".
Necesidade de mellores datos
As estimacións para 2015 en
mortalidade materna presentan enormes avances conseguidos cara ao
Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio 5. Mostran unha forte
tendencia de redución ao longo do tempo. Ao mesmo tempo, vimos
mellor e máis información que vén de varios países, reafirmando a
fiabilidade das cifras absolutas rexistradas.
Os esforzos para reforzar a
información e fiabilidade, especialmente nos últimos anos, axudou a
acelerar este logro. Con todo, débese facer moito máis para
desenvolver sistemas de rexistros vitais completos e fiables que
inclúan nacementos, mortes, e causas destas mortes.
Tamén son necesarios auditorías e
estudos sobre mortalidade materna para entender por que, onde, e
cando morren as mulleres e que é o que se pode facer para previr
mortes similares. Desde 2012, OMS, UNFPA xunto con outros aliados
desenvolveron Resposta e Vigiliancia da Mortalidade Materna
(Maternal Death Surveillance and
Response) para a identificación e notificación a tempo de
todas as mortes maternas, seguidas dun estudo das causas e os
mellores métodos de prevención. Un crecente número de países de
ingresos baixos e medios están agora implementando este
modelo.
Nota para a redacción:
O informe, coa descrición detallada
da metodoloxía e as cifras utilizadas para calcular as estimacións,
está dispoñible en:
http://www.who.int/reproductivehealth/publications/monitoring/maternal-mortality-2015/en/
Más información:
Christophe Boulierac, UNICEF Xenebra, Tel: +41 22 909 5716, Móvil: +41 799 639 244, cboulierac@unicef.org
Rita Ann Wallace, UNICEF Nova York, Tel: +1 212 326 7586, Móvil: +1 917 213 4034, rwalace@unicef.org
Najwa Mekki, UNICEF Nova York, Tel: +1 212 326 7448, Móvil: +1 917 209 1804, nmekki@unicef.org
Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 91 378 95 55 Móvil: + 34 609 160 051 / bvicente@unicef.es