Nenos desprazados polos enfrontamentos en Ain Al Arab/Kobane reciben subministracións de UNICEF

UNICEF entregou subministracións na zona norte de Alepo para salvar a vida de miles de nenos da cidade fronteiriza siria de Ain Al Arab / Kobane que se encontran alí refuxiados. As subministracións inclúen kits de hixiene, mantas, auga e galletas enerxéticas.

Equipos de voluntarios da Media Lúa Vermella Árabe Sirya en breve comezarán a distribución das subministracións enAfrin, un suburbio de Alepo, onde se estima que 1.000 familias deAin Al Arab se refuxiaron. "Este é un pequeno pero significativo avance nos nosos esforzos por alcanzar aos nenos máis difíciles de chegar debido ao conflito", dixo Hanaa Singer, Representante deUNICEF en Sirya. "Esperamos ver máis avances como este noutras partes de Sirya nas próximas semanas". Antes da actual batalla polo control de Ain Al Arab /Kobane, a cidade non recibiu ningunha axuda durante polo menos 12 meses. A finais desta semana, UNICEF formará parte dun convoi da ONU que levará unha asistencia similar a Afrin e outros pobos no noroeste de Sirya, que estiveron fóra do alcance da asistencia humanitaria durante seis meses.

Más información:

Raquel Fernández

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: comunicacion@unicef.es