No Día Universal do Neno, millóns de nenos loitan pola súa supervivencia no medio de catástrofes, guerras e a pobreza extrema
Máis de cinco millóns de nenos afectados polo tifón de Filipinas. Outros cinco millóns sofren as consecuencias do conflito de Sirya. Cada día morren 18.000 nenos menores de 5 anos por causas que se poden evitar.Con motivo do Día Universal do Neno, que se conmemora mañá coincidindo co 24º aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno, UNICEF Comité Español quere chamar a atención sobre a situación dos millóns de nenos que atravesan graves dificultades para a súa supervivencia e a súa protección en distintos lugares do mundo.
No día a día, a pobreza extrema é o escenario no que 18.000 nenos morren cada día por causas que se poden evitar, como a pneumonía, as diarreas ou o sarampelo, con medidas como vacinas, medicamentos, acceso á auga potable ou o tratamento contra a desnutrición aguda, que está detrás da metade destas mortes. O traballo a longo prazo de gobernos, organizacións comoUNICEF e outras axencias de Nacións Unidas, e ONG alcanzou un logro histórico: en 22 anos (1990-2012) a mortalidade infantil reduciuse nun 47%, un dato que fala de 90 millóns de vidas salvadas. Pero queda moito por facer ata que nin un só neno morra por causas que se poden evitar.UNICEF traballa atallando as causas desta traxedia diaria, e pode facelo grazas ao apoio dos seus socios, doadores e aliados, e traballando en máis de 150 países en desenvolvemento con gobernos, comunidades e ONG destes países. Grazas a estes esforzos conxuntos, as campañas de vacinación evitaron o ano pasado entre 2 e 3 millóns de mortes por enfermidades como a difteria, as tétanos, a tosferina e o sarampelo nun período no queUNICEF proporcionou 1.900 millóns de dose de vacinas. Para abordar ese traballo e conseguir estes resultados,UNICEF é o maior comprador de vacinas do mundo, pero a súa loita contra a mortalidade infantil ten outras frontes como o da desnutrición, que está detrás da metade das mortes que se poden evitar; ou o acceso á auga potable e o saneamento, que evita mortes por enfermidades como a diarrea. En 2012 UNICEF proporcionou tratamento contra a desnutrición aguda grave a 2,6 millóns de nenos e contribuíu a que 18,8 millóns de persoas tivesen acceso a auga potable.
Infancia en emerxencias: Filipinas e Sirya
En 2012, UNICEF respondeu ás necesidades humanitarias de millóns de nenos en 79 países afectados por 286 situacións de emerxencia. Actualmente, o conflito de Sirya e o tifón de Filipinas son as situacións de emerxencia que afectan a un maior número de nenos. Sirya vive unha guerra que xa está no seu terceiro ano con máis de 1,1 millóns de nenos que viven como refuxiados noutros países, dependendo da axuda humanitaria; e, dentro de Sirya, hai máis de 4 millóns de nenos afectados.UNICEF traballa dentro e fóra do país dende o inicio do conflito, con resultados que serviron para salvar moitas vidas, como o acceso á auga para 10 millóns de persoas dentro de Sirya e para máis de 300.000 fóra do país; os dous millóns e medio de nenos vacinados dentro e fóra de Sirya; e as distribucións de subministracións de emerxencia en Homs, Alepo e outras zonas de difícil acceso. No medio desta crise humanitaria, o tifón de Filipinas provocou outra emerxencia de grandes dimensións. "Con máis de cinco millóns de nenos sufrindo as consecuencias do tifón, estamos ante un traballo intenso a medio e longo prazo, e imos seguir necesitando moita axuda para poder facelo asegurou Consuelo Crespo, presidenta de UNICEF Comité Español, durante a rolda de prensa celebrada hoxe en Madrid. "A resposta de socios, doadores, medios de comunicación, empresas e outras entidades do sector privado, tradúcese en que UNICEF Comité Español xa pode achegar 1,5 millóns de euros ao traballo de emerxencia que UNICEF está a realizar en Filipinas, pero imos seguir necesitando axuda para abordar todas as necesidades", dixo Crespo. O equipo de UNICEF en Filipinas traballa nesta emerxencia dende o primeiro momento. "Xa estaban aquí e rapidamente puxéronse a despregar toda a axuda que había dispoñible no país, coas subministracións que prepararan e comprando máis subministracións. Pouco despois, o noso centro loxístico en Copenhaguen preparaba 60 toneladas de subministracións de emerxencia para Filipinas", dixo Diana Valcárcel, voceiro de UNICEF en Filipinas.
O pasado fin de semana conseguiuse restablecer o abastecemento de auga para 200.000 persoas de Tacloban e seis distritos veciños e, ademais,UNICEF xestionou coa axencia humanitaria de Estados Unidos (USAID) e as forzas armadas de Filipinas para que garantan a subministración de combustible necesario para manter este servizo. Tamén este fin de semana, distribuíronse kits de hixiene para 12.500 persoas en Tacloban, e depósitos de auga para 47.000 persoas en Capiz, Cebu eRoxas.UNICEF organizou actos con motivo do Día Universal do Neno en distintas partes do mundo. En España a situación dos nenos de Filipinas terá especial protagonismo nos actos que colexios e municipios teñen previsto levar a cabo hoxe. A maior parte dos 4.000 centros educativos vinculados ao programaEnrédate de UNICEF Comité Español, así como moitos dos municipios recoñecidos como Cidade Amiga da Infancia organizaron eventos (plenos infantís, actividades escolares, etc.) relacionados cos dereitos da infancia en xeral e coa emerxencia de Filipinas en particular. Noutros lugares, a xornada do Día Universal do Neno estará dedicada a chamar a atención sobre a violencia contra os nenos. Por exemplo, no campo de refuxiados de Za'atari, onde viven case 60.000 nenos sirios, mañá vaise realizar unha cadea humana simbólica pedindo máis protección para os nenos.
Para descargar videos e fotografías en alta calidade:
ftp://video.unicef.es/20N
Usuario: Refcom
Contrasinal: uce442087