Nos 10 países con maior índice de nenos sen escolarizar, un 40% da infancia carece de acceso a educación básica

Segundo revelou hoxe UNICEF, nos 10 países con maior índice de nenos sen escolarizar en educación primaria, polo menos dúas de cada cinco nenos (un total de 18 millóns) non ten acceso ao sistema educativo.

En Liberia atópase a maior porcentaxe de nenos sen escolarizar, con case dúas terceiras partes de nenos en idade de recibir educación primaria que non van á escola. O segundo país da lista é Sudán do Sur, onde o 59% dos nenos está a quedarse sen o dereito a unha educación primaria e onde unha de cada tres escolas pechou as súas portas polo conflito.

Afganistán (46%), Sudán (45%), Níxer (38%) e Nixeria (34%) tamén se atopan entre os 10 países con maiores índices de nenos sen escolarizar en educación primaria, o que demostra con claridade que as emerxencias humanitarias e as longas crises están a obrigar aos nenos a abandonar a escola.
 
A análise de datos de UNICEF, publicado ao mesmo tempo que millóns de nenos regresan á escola este mes, destaca o alcance dunha crise na educación que afecta a países xa deteriorados por conflitos, longos períodos de secas, terremotos e altas taxas de pobreza extrema.
 
UNICEF teme que sen educación, toda unha xeración de nenos dos países afectados por conflitos, desastres naturais e pobreza extrema creza sen as destrezas necesarias para contribuír aos seus países e as súas economías, empeorando así a situación desesperada na que xa se atopan millóns de nenos e as súas familias.
 
A educación segue sendo un dos sectores que recibe menos financiamento nos chamamentos humanitarios. En 2015, as axencias humanitarias recibiron tan só o 31% das súas necesidades de financiamento para este sector, moi por baixo do 66% de hai unha década. A pesar do aumento do 126% nos requisitos educativos desde 2005, o financiamento incrementouse en só un 4%. Ademais, os sistemas educativos preparados para resistir crises prolongadas non se poden construír sobre a base duns chamamentos a curto prazo e imprevisibles.
 
Durante o Cume Humanitario Mundial, celebrada en maio de 2016, lanzouse a nova plataforma mundial A educación non pode esperar coa intención de crear unha ponte entre as intervencións humanitarias durante as crises e o desenvolvemento posterior a longo prazo mediante un financiamento predicible.
 
Aínda que non se atopa entre os 10 países con maiores índices de nenos sen escolarizar, Siria acolle a 2,1 millóns de nenos en idade escolar (de entre cinco e 17 anos) que non van á escola. Ademais, outros 600.000 nenos sirios que viven refuxiados noutros países da rexión carecen tamén de acceso á escola.
 
Os datos máis recentes e fiables sobre países como Somalia e Libia non se atopan dispoñibles nin  fontes administrativas nin noutras procedentes de enquisas, o cal se debe, en parte, aos continuos conflitos.
 
"Para os países afectados por un conflito, a escola prepara aos nenos cos coñecementos e as destrezas que necesitarán para reconstruír as súas comunidades cando se acabe esta crise. A curto prazo, proporciónalles unha estabilidade e unha orde que lles axuden a soportar o trauma. Ademais, as escolas tamén protexen aos nenos dos perigos físicos e traumáticos que os rodean. Cando un neno non vai á escola, aumenta o perigo de que sufra abusos e explotación ou de que o recruten en grupos armados", asegurou Jo Bourne, xefe de educación de UNICEF.
 

Para descargar material audiovisual:

Video (totales y recursos)

Fotografía

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes. 

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: comunicacion@unicef.es

 

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

snapcode unicef peque

@unicef_es