O fondo de innovación de UNICEF investirá en novas empresas de tecnoloxía de código aberto
UNICEF convida a novas empresas de tecnoloxía dedicadas a desenvolver solucións para mellorar as vidas dos nenos máis vulnerables do mundo a que soliciten financiamento do seu fondo de innovación, creado recentemente.
"O obxectivo do fondo de
innovación de UNICEF é investir en tecnoloxías de código aberto en
favor dos nenos", dixo Christopher Fabian, codirector da sección de
innovación de UNICEF. ?Imos determinar cales son as oportunidades
que se dan en distintos países do mundo, incluíndo algúns que non
adoitan recibir unha gran cantidade de investimento de capital nas
novas empresas de tecnoloxía.
"Esperamos identificar
comunidades de persoas dedicadas a solucionar problemas e
axudarlles a desenvolver solucións simples para algúns dos
problemas máis apremiantes aos que fan fronte os nenos".
Para poder solicitar fondos, os
proxectos deben ser de código aberto e dispor dun prototipo de
traballo. Pode tratarse do desenvolvemento dunha tecnoloxía nova,
ou da ampliación ou mellora dunha xa existente.
O Fondo de Innovación de UNICEF,
que até a data recadou 9 millóns de dólares, ofrece aos innovadores
dos países en desenvolvemento un mecanismo de financiamento
combinado para axudarlles a iniciar a seguinte etapa dos seus
produtos, unha vez que estes haxan xa superado as primeiras probas.
O fondo centra os seus investimentos en tres esferas
Produtos para mozos menores de 25 anos que aborden
diversas necesidades, por exemplo a aprendizaxe e a
participación.
· Información en tempo real para a
toma de decisións.
· Infraestrutura para aumentar o
acceso a servizos e información, incluíndo conectividad, poder,
financiamento, sensores e transporte.
"Este tres esferas están listas
para o investimento debido á rápida evolución de tecnoloxías tales
como blockchain, impresión 3D, accesorios persoais e sensores,
intelixencia artificial e enerxías renovables", dixo Fabian.
As solicitudes serán avaliadas
segundo unha serie de criterios como a solidez do equipo, a
pertinencia do proxecto con respecto aos nenos e a capacidade para
ver o valor potencial futuro na creación da propiedade intelectual
de código aberto.
A sección de innovación de UNICEF investiu previamente en
solucións de tecnoloxía como RapidSMS, RapidPro e U-Report, que agora chega a millóns de
usuarios.
O prazo para presentar as solicitudes termina o 26 de febreiro
de 2016. Toda a información está dispoñible na web www.unicefinnovationfund.org