Os nenos refuxiados e migrantes non acompañados necesitan protección urxente
UNICEF reitera o seu chamamento para a adopción de medidas urxentes de protección para os nenos migrantes e refuxiados non acompañados en Europa ? que están en grave risco de abuso, trata e explotación e cuxa cifra alcanzou unha marca de máis de 95.000, o ano pasado.
A Interpol calcula que 1 de cada 9 nenos refuxiados e migrantes non acompañados está en paradoiro descoñecido, pero crese que esta cifra podería ser moito máis alta. En Eslovenia, por exemplo, máis do 80% dos menores non acompañados desapareceu dos centros de acollida, mentres que en Suecia infórmase de até 10 nenos desaparecidos cada semana. A principios deste ano, en Alemaña rexistrouse a desaparición de 4.700 menores non acompañados.
"Está a descoidarse aos menores
non acompañados. Moitos simplemente escápanse dos centros de
acollida para reunirse cos seus familiares, ou porque nin se lles
explicaron os seus dereitos, nin se lles entrevistou co fin de
determinar cal é o seu interese superior", sinala Marie Pierre
Poirier, coordinadora especial de UNICEF para a crise de refuxio e
migración en Europa.
Esta petición coincide co inicio
das negociacións dos Estados membro da Unión Europea para a
creación dun sistema máis xusto e sustentable no ámbito das
migracións e o asilo. UNICEF incide en que calquera decisión que
afecte os nenos debe estar baseada no interese superior do neno, e
insta a que este principio sexa reforzado no Regulamento de Dublín,
que está a ser examinado estes días.
UNICEF, ademais, pon de relevo a
importancia de axilizar os procesos na toma de decisións que
afecten os nenos, sinalando que agora mesmo, os nenos teñen que
esperar até 11 meses entre o rexistro e o traslado a un país que
acepte estudar a súa solicitude. UNICEF recomenda que se reduza
esta espera a non máis de 90 días, que se lles asigne
inmediatamente un titor legal, e que se axilice o proceso de
reunificación familiar. Todo isto é clave para protexer aos menores
non acompañados e evitar que se perda o seu rastro.
As últimas cifras dispoñibles
indican que 96.500 menores non acompañados solicitaron asilo en
Europa en 2015 ? isto supón un 20% do total de todos os nenos que o
solicitaron.
A maioría son homes adolescentes
provenientes de Afganistán, seguidos por aqueles que proceden de
Siria. Un gran número destes nenos son menores de 14 anos e viaxan
sós, sen a protección de ningún familiar adulto ou titor.
Nalgúns países, os menores non
acompañados constitúen máis da metade de todos os nenos que
chegaron en 2015. En Suecia, os adolescentes non acompañados
supoñen até o 50% do total de nenos refuxiados. A Italia chegaron
12.300 menores non acompañados e outros 4.000 coas súas
familias.
Nota para editores:
Fontes: Eurostat http://ec.europa.eu/eurostat/web/products-datasets/-/tps00194
http://ec.europa.eu/justice/fundamental-rights/files/rights_child/data_children_in_migration.pdf
http://frontex.europa.eu/trends-and-routes/migratory-routes-map/
15
http://frontex.europa.eu/assets/Publications/Risk_Analysis/FRAN_Q4_2015.pdf
16 http://fra.europa.eu/en/theme/asylum-migration-borders/overviews
17
http://fra.europa.eu/en/theme/asylum-migration-borders/overviews/february-2016
10 not always considered as unaccompanied children.
Acerca de UNICEF
UNICEF promueve los derechos y el bienestar de todos los niños y
niñas en todo lo que hacemos. Junto a nuestros aliados, trabajamos
en 190 países y territorios para transformar este compromiso en
acciones prácticas, centrando especialmente nuestros esfuerzos en
llegar a los niños más vulnerables y excluidos para el beneficio de
todos los niños, en todas partes.