Sudán do Sur ratifica a Convención sobre os Dereitos do Neno
A nación máis nova do mundo convértese no estado número 195 en ratificar o tratado de referencia sobre os dereitos da infanciaUNICEF deu hoxe a benvida á ratificación da Convención sobre os Dereitos do Neno por parte de Sudán do Sur, que se converte no estado 195 en adoptar o tratado marco de referencia dos dereitos dos nenos, e instou o goberno a que faga dos dereitos da infancia a pedra angular da nación máis nova do mundo.
A Convención, adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas hai
máis de 25 anos, é o tratado internacional sobre dereitos humanos
máis ratificado da historia.
O representante de UNICEF en
Sudán do Sur, Jonathan
Veitch,
deu a benvida ao compromiso do goberno cos dereitos da infancia a
través da ratificación deste tratado, pero advertiu de que o futuro
do país máis mozo do mundo está en risco se non se deteñen as
violacións dos dereitos dos nenos.
"Debemos aproveitar este momento histórico para centrarnos nos
centos de miles de nenos en Sudán do Sur que foron deixados atrás
debido ao conflito", dixo Veitch.
"Estes son os nenos que loitan polo acceso a comida, recrutados por
forzas armadas e forzados a abandonar a escola,".
"Todos os nenos en Sudán do Sur teñen dereito á nutrición,
educación, fontes axeitadas de auga e saneamento, servizos de saúde
e protección. Unha vez implementar, a Convención ten o potencial
para transformar as vidas dos nenos de Sudán do
Sur".
Os nenos seguen levándose a peor parte dos 16 meses de conflito en
Sudán do Sur:
- 680 nenos foron asasinados.
- 235.000 nenos, incluídos moitos que tiveron que fuxir a áreas de difícil acceso, están en risco de sufrir desnutrición aguda grave este ano.
- 400.000 nenos foron forzados a abandonar a escola como consecuencia directa da crise.
- 600.000 nenos necesitan apoio psicolóxico.
- Máis de 13.000 nenos foron recrutados por grupos armados de ambos os dous bandos do conflito.
UNICEF está a pedir urxentemente un financiamento adicional de 27 millóns de dólares para continuar a súa resposta de protección dos nenos en Sudán do Sur.