A tenista Serena Williams é nomeada Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF

UNICEF anunciou hoxe o nomeamento da tenista Serena Williams como Embaixadora de Boa Vontade.

Williams é unha das mellores tenistas de todos os tempos, dominando as pistas durante unha década. Aínda que é coñecida polo seu poder e forza na alta competición, a súa xenerosidade fóra das pistas é igual de intensa. O Director Executivo de UNICEF,Anthony Lake, deu a benvida aWilliams á familia UNICEF durante o 2º Cumio Anual sobre o Benestar Social que se celebra en Nova York. "Serena Williams non é só unha campioa mundial de tenis, senón unha campioa para os nenos, ademais dunha apaixonada defensora de que cada neno teña educación de calidade", dixo Lake. Estamos encantados de que Serena se una a nós como Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF e esperamos traballar xuntos polo ben dos nenos". A primeira vez que Williams colaborou con UNICEF foi no ano 2006, nunha viaxe a Ghana, a súa primeira visita a África, para coñecer a maior campaña de saúde realizada no país. Durante a súa estanza, reuniuse cun grupo de traballadores voluntarios da saúde que vacinaban os nenos contra enfermidades mortais, distribuían mosquiteiras gratuitamente para previr a malaria e participaban xunto ao Goberno en demostracións para ensinar a utilizalas.

No seu novo papel como Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF, Williamsutilizará a súa popularidade e interese persoal polos problemas da infancia para apoiar a misión de UNICEF de dar unha educación de calidade aos nenos máis vulnerables a través da iniciativa Escuelas para África e de Escolas para Asia, que se lanzará proximamente. "Creo que todos os nenos merecen a oportunidade de facer algo nas súas vidas", dixo Williams. "Estou comprometida con axudar a UNICEF a proporcionar unha educación de calidade aos nenos para axudarlles a construír un futuro máis brillante para si mesmos, as súas familias e as súas comunidades". A recén nomeada Embaixadora é unha das figuras máis importantes do tenis. Ata o momento, Williams gañou 13 Gran Slams e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2000 e 2008.

 

Más información:

 

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: dailo.alli@unicef.es