UNICEF/UNFPA: Unha nova iniciativa protexerá a millóns de nenas do matrimonio infantil
Unha nova iniciativa apoiada por varios países acelerará as actuacións para terminar co matrimonio infantil, co obxectivo de protexer os dereitos de millóns das nenas máis vulnerables do mundo. Así o afirmaron UNICEF e o Fondo de Poboación das Nacións Unidas (UNFPA, polas súas siglas en inglés) con motivo do Día Internacional da Muller.
O Programa Mundial de UNFPA e
UNICEF para Acelerar as Accións para Terminar co
Matrimonio Infantil, anunciado hoxe, involucrará ás familias,
as comunidades, os gobernos e os mozos. Forma parte dun esforzo
global para evitar que as nenas casen demasiado novas e para dar
apoio ás nenas que xa están casadas en 12 países de África, Asia e
Oriente Medio, onde as taxas de matrimonio infantil son
altas.
"Elixir cando e con quen che vas
a casar é unha das decisións máis importantes na vida. O matrimonio
infantil impide a millóns de nenas cada ano tomar esa decisión",
dixo Babatunde Osotimehin, director executivo de UNFPA. "Como parte
deste programa mundial traballaremos cos gobernos dos países onde
hai unha alta prevalencia do matrimonio infantil para defender os
dereitos das adolescentes, e que así as nenas poidan alcanzar o seu
pleno desenvolvemento e os países cumprir os seus obxectivos de
desenvolvemento social e económico".
Este novo programa centrarase en
cinco estratexias eficaces, como aumentar o acceso das nenas á
educación, formar aos pais e as comunidades acerca dos perigos do
matrimonio infantil, aumentar o apoio económico ás familias e
reforzar e aplicar as leis que establecen os 18 anos como a idade
mínima para casar.
"O mundo abriu os ollos ante o
dano que o matrimonio infantil causa nas nenas, nos seus futuros
fillos e nas súas sociedades", dixo o director executivo de UNICEF,
Anthony Lake. ?Este novo programa contribuirá a impulsar accións
para chegar ás nenas que estean en maior risco, e axudará a máis
nenas e mulleres novas a comprender o seu dereito para impoñer o
seu propio destino. Isto é fundamental agora, porque se continúan
as tendencias actuais o número de nenas e mulleres casadas na súa
infancia achegarase aos mil millóns en 2030 ?mil millóns de
infancias perdidas, mil millóns de futuros truncados".
O matrimonio infantil supón unha
violación dos dereitos das nenas e as mulleres. As nenas que casan
durante a súa infancia son máis propensas a deixar a escola, sufrir
violencia doméstica, contraer o VIH/SIDA e morrer debido a
complicacións no embarazo e o parto. Ademais o matrimonio infantil
dana as economías e leva a ciclos interxeracionais de
pobreza.
A comunidade mundial ha mostrado
o seu forte compromiso para terminar co matrimonio infantil,
mediante a inclusión nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable
da meta de eliminar esta e outras prácticas daniñas. UNICEF e UNFPA
fan un chamamento aos seus aliados e aos gobernos para que se somen
a este novo programa mundial que axude a eliminar o matrimonio
infantil para 2030.
O Programa Mundial de UNFPA e
UNICEF para Acelerar as Accións para Terminar co Matrimonio
Infantil está apoiado por Canadá, a Unión Europea, Italia,
Holanda e Reino Unido.
Para descargar material audiovisual:
Fotos: http://uni.cf/1R1p80u
Vídeos: ftp://video.unicef.es/mujer_trabajadora/videos/
Usuario: Refcom
Contrasinal: uce442087