Acción humanitaria de UNICEF 2009
UNICEF lanza o seu Informe de Acción Humanitaria 2009, que analiza a situación humanitaria en 36 países do mundo que se enfrontan na actualidade a unha situación de emerxencia continuada e describe a acción programada por UNICEF para atender as necesidades da infancia durante este ano.
Todos lembramos emerxencias recentes ou moi mediáticas, como os conflitos en Gaza ou na República Democrática do Congo, as inundacións en Myanmar ou a cólera en Zimbabue, pero poucos coñecen as dificultades que atravesan nenos e nenas en países como Haití, Iemen ou Nepal.
O Informe de Acción Humanitaria de 2009 publícase cun dobre motivo: alertar acerca da dramática situación da infancia en emerxencias e facer un chamamento de fondos para financiar os programas de axuda humanitaria de UNICEF durante 2009.