Calidade de Vida e Benestar Infantil Subxectivo en España. Que afecta ao benestar de nenos e nenas españois de 1º de ESO?
ESTRUTURA DO INFORME
. Os conceptos e as teorías relacionados co benestar subxectivo infantil e a súa evolución (cap. 1)
. As percepcións e opinións dos nenos respecto factores relacionados co seu benestar (cap. 2)
. Os indicadores de benestar subxectivo e os índices de satisfacción, incluídos un novo Índice Xeral de Benestar Subxectivo (IGBS) (cap. 3 e 4)
. Conclusións e propostas para a acción (cap. 5)
. Metodoloxía e mostraxe (Anexo I - IV)
. Táboas de resultados detallados, por CCAA e xénero (Anexo V)
Con este estudo quixemos dar voz aos nenos que viven no noso país e sensibilizar sobre a oportunidade e necesidade de incluír as súas opinións nas estatísticas oficiais, nas investigacións e traballos académicos e sobre todo na elaboración das políticas públicas.A través da administración dun cuestionario a unha ampla mostra de nenos e nenas de 1º de ESO de toda España, o estudo pretende coñecer e analizar as súas opinións, percepcións e avaliacións sobre diferentes aspectos e ámbitos da súa vida, así como os seus niveis de satisfacción con estes. Ademais, proponse aquí un novoÍndice Xeral de Benestar Subxectivo (IGBS), un índice sintético e multidimensional de benestar subxectivo infantil nas Comunidades e Cidades Autónomas.O benestar subxectivo da poboación é un compoñente moi importante da calidade de vida, tanto para os adultos coma para a poboación infantil. Non obstante, avanzouse moito en investigación sobre benestar subxectivo adulto e moi pouco sobre o infantil e, ata a data, non existe ningún índice de benestar subxectivo dos nenos e nenas españois. De aí a importancia de desenvolver unha proposta co maior rigor científico sobre a base dos coñecementos actuais. A investigación realizouse conxuntamente co Equipo de Investigación en Infancia, Adolescencia, Dereitos da Infancia e a súa Calidade de Vida (ERÍDIQV) da Universidade deGirona, coordinado polo Dr.Ferrán Casas Aznar.