Children in Crisis in the Sahel
Este informe de progresos de UNICEF cifra en máis de850.000 os nenos queterán recibido tratamento contra a desnutrición aguda grave en nove países da rexión do Sahel ao longo deste ano.Esta é unha cifra estimativa, que se obtivo tomando como referencia os 730.000 nenos menores de cinco anos que foron tratados dende xaneiro ata finais de setembro.UNICEF advertiu en decembro de 2011 de que 1,1 millón de nenos sufrirían desnutrición aguda grave no Sahel e necesitarían unha asistencia especializada. Con gobernos, axencias daONU e outras organizacións humanitarias púxose en marcha unha das maiores respostas humanitarias deste tipo realizadas na rexión, contando co apoio de grandes doadores e cos chamamentos lanzados polos Comités Nacionais de UNICEF. O informe afirma que o financiamento inicial de doadores como os gobernos de Suecia e Dinamarca, a Unión Europea e USAID, supuxo que puidesen comprar e pre-posicionar ao seu debido tempo subministracións cruciais de alimento terapéutico listo para usar. Non obstante, este ano producíronse desafíos significativos, como o desprazamento de persoas a países veciños debido ao conflito en Malí, a inseguridade e as fortes inundacións.