Comunicado oficial
Para velar polo desenvolvemento da súa misión, UNICEF está gobernada por unha Xunta Executiva na que están representados Gobernos de todo o mundo. As políticas que define esa Xunta Executiva son claras.
1. Promover a supervivencia e desenvolvemento infantil, que supón a posta en marcha de servizos básicos de saúde, inmunización, nutrición, provisión de auga potable e saneamento co obxectivo de salvar a vida de miles de nenos.
2. Asegurar unha educación básica de calidade para todos os nenos e nenas, poñendo especial énfase en que tanto nenos coma nenas teñan igualdade de oportunidades para ir á escola, e en que tanto os nenos coma as nenas reciban o mesmo apoio e o mesmo estímulo para permanecer na escola.
3. Previr a infección de VIH/SIDA entre a xente nova apoiando tanto ao goberno coma ás comunidades para asegurarse de que os mozos saben como protexerse, con especial énfase no enfoque ABC (siglas en inglés que significan abstinencia, fidelidade e uso de preservativo). UNICEF tamén traballa na prevención de transmisión de VIH nai-fillo e na atención e apoio necesarios para os 17 millóns de nenos que quedaron orfos a causa da SIDA.
4. Asegurar a protección dos nenos fronte á explotación, violencia e abuso, apoiando os esforzos nacionais necesarios para crear un ámbito protector para a infancia.
5. Promover políticas e alianzas en favor da infancia.
Atendendo a estas directrices, definidas pola Xunta Executiva de UNICEF, UNICEF España quere insistir en que :
• UNICEF non destina fondos á práctica do aborto nin a servizos abortivos, e tampouco apoia o aborto como método de planificación familiar.
•UNICEF apoia o enfoque ABC (siglas en inglés que significan abstinencia, fidelidade e uso de preservativo) para a loita contra a SIDA. O enfoque ABC considérase en todo o mundo como un enfoque que salva vidas.
• UNICEF traballa polo ben de toda a infancia. Cando UNICEF denuncia temas específicos de nenas, é porque as nenas están a ser afectadas particularmente. Por exemplo, UNICEF traballa para conseguir unha educación básica de calidade para a infancia, pero pon énfase especial en que as nenas vaian á escola porque son as que actualmente non van.
• UNICEF é un aliado orgulloso de múltiples e moi diversas organizacións en todo o mundo. UNICEF traballa con miles de organizacións relixiosas, incluíndo a Igrexa Católica. A estreita relación de UNICEF coa Igrexa Católica abrangue todo o mundo, pero é máis forte en Latinoamérica, onde a Conferencia Episcopal ten un acordo permanente con UNICEF e está activamente involucrada no traballo do Fondo de Nacións Unidas en defensa dos dereitos da infancia.
Para máis información
Dirección de Comunicación UNICEF España - 91 378 95 58
Madrid, 22 de decembro de 2011. - UNICEF lamenta as repetidas alegacións difamatorias que se lanzan con certa frecuencia contra esta organización. e quere trasladar á opinión pública que UNICEF España nin apoia nin apoiou nunca a práctica do aborto e, en consecuencia, non destina fondos de ningún tipo a esta práctica en ningún lugar do mundo. Os valores do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, están firmemente asentados, por mandato da Asemblea Xeral de Nacións Unidas, na Convención sobre os Dereitos do Neno. En función dese mandato, dende hai 65 anos a misión deUNICEF é asegurar que todos os nenos e nenas teñan a oportunidade de sobrevivir e prosperar, dende a primeira infancia ata a adolescencia. A acción de UNICEF tamén se ocupa de que as nais reciban a atención necesaria durante o seu embarazo e o seu período de lactación e apóiaas para que estean sas e poidan criar os seus fillos en condicións que garantan os dereitos da infancia.