A cooperación ao desenvolvemento e a infancia. Apuntamentos estratéxicos para o caso de España
O presente traballo pretende fundamentar un enfoque estratéxico para a cooperación en materia de infancia. Para iso pártese dunha análise acerca das relacións entre infancia e desenvolvemento e dun estudo comparado dos enfoques adoptados a nivel internacional. A partir dunha metodoloxía elaborada para o efecto, preséntase unha medición do impacto, directo e indirecto, que a axuda española ten en materia de infancia. E, finalmente, faise unha proposta de definición estratéxica da política para a infancia no marco dos sistemas de planificación da axuda internacional. Aínda que a medición do impacto e a proposta estratéxica se refiren á cooperación española, a metodoloxía de medición elaborada neste estudo e a argumentación acerca da formulación estratéxica transcenden ao caso español, podendo ser xeneralizadas a outros doadores. Este informe é o resultado da investigación sobre a porcentaxe da axuda española que afecta á infancia, realizada polo InstitutoComplutense de Estudos Internacionais co apoio de UNICEF España. O estudo analiza a axuda bilateral e multibilateral que a cooperación española desembolsou nos anos 2005, 2007 e 2009.