Cuentas anuales UNICEF España 2009 (Contas anuais UNICEF España 2009)
As contas anuais (balance de situación, conta de resultados e memoria) forman un corpo único e constitúen a información básica contable para o entendemento e presentación dunha imaxe fiel da situación financeiro-patrimonial e dos resultados da Fundación a 31 de decembro de 2009.
As contas anuais preparáronse a partir dos rexistros contables da Fundación e preséntanse dacordo coa lexislación vixente e coas normas estabelecidas no Plan Xeral de Contabilidade aprobado mediante o Real Decreto 1514/2007 do 16 de novembro, co obxectivo de mostrar a imaxe fiel do patrimonio, a situación financeira e os resultados da Fundación.