Do compromiso á acción
Esta guía proponse:
- Proporcionar un panorama xeral da natureza e alcance da violencia infantil, que pode usarse con fins informativos e educativos.
- Resaltar os papeis positivos que as comunidades relixiosas poden desempeñar e desempeñan na promoción de protexer nenos e nenas contra a violencia e en contribuír a esa protección.
- Afirmar os beneficios da coordinación e a colaboración interrelixiosa na promoción dos dereitos da infancia.
- Orientar a discusión, a planificación e a acción en torno aos temas da protección infantil dentro das comunidades relixiosas e en ámbitos sociais máis amplos.
Relixións pola Paz eUNICEF, coa contribución de líderes relixiosos e de especialistas na protección da infancia, prepararon esta guía como un instrumento de apoio ao labor que fan as comunidades relixiosas de promover os dereitos do neno e previr as violacións de dereitos e responder cando estas se producen, en particular a violencia infantil.