Documento de Propostas para os Programas Electorais 2015
As eleccións do20 de decembro de 2015 prodúcense nun escenario
nacional e internacional complexo desde o punto de vista económico
e social, que expón a necesidade de facer especial fincapé nas
propostas dos partidos políticos aos electores
para que sexan á vez realistas e audaces, ante un panorama
cambiante e o novo escenario que marcan os Obxectivos de
Desenvolvemento Sustentable para 2030.
UNICEF España propón
converter a aplicación dos dereitos da infancianun aceno de identidade das accións do próximo
goberno. En 2016 temos a oportunidade para unharexeneración política e social que nos permita
reconsiderar algunhas decisións derivadas da crise.
Por iso é esencial preguntarse
agora, cando os programas electorais están a ser
elaborados, se somos capaces de cumprir coas obrigacións dun Estado
do Benestar, priorizando aos máis afectados pola pobreza e
a exclusión, entre os que se atopan os nenos e as
nenas.