'Estado Mundial da Infancia 2013: Nenas e nenos con minusvalidez'

Cada ano, a publicación insignia de UNICEF, Estado Mundial da Infancia (EMI), examina os factores que afectan á infancia arredor do mundo. O informe inclúe numerosas estatísticas e información.


As nenas e nenos aos cales se dedica esta edición 2013 do EMI non son un problema. Máis ben, son irmás, irmáns, amigas ou amigos que teñen unha canción, un xogo ou un prato favoritos; unha filla ou un fillo con sonos e o desexo de velos cumpridos; un neno ou unha nena que sofre dalgunha minusvalidez, pero que ten os mesmos dereitos que calquera nena ou neno.


Se se lles dá a oportunidade de prosperar como aos demais nenos, aqueles que teñen minusvalideces posuirán o potencial para levar vidas plenas e contribuír á vitalidade social, cultural e económica das súas comunidades. Non obstante, sobrevivir e prosperar é particularmente difícil para os nenos e nenas con minusvalidez.