Estado Mundial de la Infancia 2009: Salud materna y neonatal (Estado Mundial da Infancia 2009: Saúde materna e neonatal)
O Estado Mundial da Infancia 2009 examina cuestións fundamentais relacionadas coa saúde materna e neonatal, e céntrase na necesidade de estabelecer unha atención continuada ás nais, aos recentemente nados e aos nenos.
O informe describe os últimos paradigmas nas políticas e programas sanitarios para as nais e os neonatos e explora políticas, programas e alianzas destinadas a mellorar a saúde materna e neonatal. Este informe céntrase sobre todo en África e Asia, e complementa o exemplar do ano pasado sobre supervivencia infantil.