Guía metodolóxica para a elaboración dos informes previos de impacto na infancia e a adolescencia das disposicións normativas
A aplicación da Convención sobre os Dereitos do
Neno por parte dos Estados supón
numerosos desafíos tanto culturais, coma
económicos, sociais, políticos ou lexislativos e, entre outras
cousas, require un proceso continuo de valoración dos efectos das
medidas que se adoptan dende os poderes públicossobre os nenos, nenas e
adolescentes.
A implementación de sistemas e ferramentas para mellorar esta valoración é unha materia pendente en moitos dos Estados que ratificaron a Convención, pero cada vez hai máis exemplos de boas prácticas en moitos deles.
Unha destas ferramentas son as análises de avaliación do impacto nos dereitos da infancia(Child Rights Impact Assessment, CRIA, en inglés). A avaliación a priori dos posibles efectos de políticas e normativas, ademais de garantir que as nenas e os nenos son tidos en conta no proceso de elaboración e deseño destas, preveñen efectos negativos indesexados ou potencian os positivos e contribúen á garantía de dous principios básicos da Convención: ointerese superior do neno e o principio de non discriminación.
Esta guía pretende poñerse ao servizo destes sistemas de avaliación do impacto propoñendo un modelo e un proceso para a elaboración deinformes ou memorias de impacto normativo na infancia.
Nun momento en que xa existen compromisos e iniciativas a nivel autonómico e nacional en torno a este tipo de avaliacións, as entidades e organizacións que participaron na redacción da guía (oObservatorio da Infancia e a Adolescencia do Principado de Asturias, UNICEF Comité Español e a Cátedra Santander de Dereito e Menores, da UniversidadePontificia Comillas) consideraron que era importante contar cun documento que axudase aos responsables en cada área da administración a realizar este tipo de informes.