A Infancia en Paquistán. Un ano despois das inundacións

A maioría de perdas foron as dos máis pobres, moitos dos cales non tiñan bens para recuperarse da devastación. As inundacións aumentaron a vulnerabilidade de millóns de persoas, que, despois dun ano, seguen loitando para reconstruír as súas vidas fronte a desafíos extremos.
 

As inundacións de Paquistán de 2010 representan un dos maiores desastres rexistrados en termos do número de áreas e persoas afectadas. Tras o desprazamento masivo, millóns de persoas regresaron -unhas, inmediatamente, outras, meses despois- a unha situación crítica: sen casas, sen comida, sen sustento, sen auga potable ou hixiene, con infraestruturas danadas, a sanidade e os servizos sociais empobrecidos.