'Informe 2013. Niveis e tendencias na mortalidade infantil'
Este informe, publicado polo Grupo Interaxencial de Nacións Unidas para a Estimación da Mortalidade Infantil (IGME, polas súas siglas en inglés), examina as tendencias da mortalidade infantil dende 1990, analiza as causas principais, e destaca os esforzos nacionais e mundiais para salvar vidas infantís.
A nivel mundial, o número anual de mortes de nenos menores de 5 anos reduciuse de en torno a 12,6 millóns en 1990 a uns 6,6 millóns en 2012. Durante os últimos 22 anos, o mundo salvou uns 90 millóns de vidas que doutra forma se poderían ter perdido.