Informe 2014: niveis e tendencias na mortalidade infantil
O índice de mortalidade de nenos menores de 5 anos descendeu a case a metade dende 1990, de 90 mortes por cada 1.000 nacidos vivos a 46 por cada 1.000 en 2013. A cifra absoluta de mortes de nenos menores de 5 anos pasou de 12,7 millóns a 6,3 millóns, o que significa que se salvaron 17.000 vidas cada día.
Este informe, publicado polo Grupo Interagencial de Nacións Unidas para a Estimación da Mortalidade Infantil (IGME, polas súas siglas en inglés), examina as tendencias da mortalidade infantil dende 1990, analiza as causas principais, e destaca os esforzos nacionais e mundiais para salvar vidas infantís.