Informe de emerxencia consolidado. Xeorxia 2008
En agosto de 2008 as tensións políticas en Osetia do Sur (unha rexión do norte de Xeorxia fronteiriza coa federación Rusa) produciron un conflito armado que afectou seriamente á poboación civil. Este informe resume o traballo realizado por UNICEF para a atención da infancia durante a crise e nos meses posteriores.
O período de elaboración do informe estivo marcado polo dramático conflito entre Xeorxia e Rusia do 8 ao 13 de Agosto do 2008 e pola presenza das Forzas Federais Rusas (RFF, as súas siglas en inglés) no territorio xeorxiano até o 10 de Outubro do 2008.