La infancia y el SIDA. Segundo inventario de la situación (A infancia e a SIDA. Segundo inventario da situación)
Para millóns de nenos e nenas, a VIH e a SIDA alteraron completamente a experiencia que significa crecer e facerse maiores. En 2007, calculouse que 2,1 millóns de nenos e nenas menores de 15 anos vivían con VIH.
Até 2005, máis de 15 millóns de nenos e nenas menores de 18 anos perderan a un ou a ambos os proxenitores debido á SIDA. Moitos millóns máis tiveron que facer fronte a unha pobreza crecente, ao abandono escolar e á discriminación como resultado da epidemia.