Memoria Anual 2013 de UNICEF España

Tal e como destaca o presidente de UNICEF Comité Español, Carmelo Angulo: "Nestas páxinas quedan reflectidos resultados como os 47,4 millóns de euros conseguidos en 2013, que contribuíron ao traballo de UNICEF en máis de 150 países en desenvolvemento e permitiron atender grandes emerxencias provocadas por catástrofes naturais ou conflitos armados en todo o mundo,".

UNICEF Comité Español explica nesta Memoria o traballo realizado grazas ás achegas de socios, doadores particulares, empresas, fundacións, medios de comunicación, amigos, embaixadores, seguidores en redes sociais, centros educativos e administracións públicas.


"Grazas por crer en UNICEF. O éxito da colaboración de todos supón o benestar e o desenvolvemento pleno dos nenos de todo o mundo, que son, non o esquezamos, o futuro e a esperanza de toda a Humanidade", agrega Carmelo Angulo.


UNICEF Comité Español foi en 2013 o oitavo comité en achega de fondos a UNICEF, a maior parte con destino aos Recursos Regulares (RR). Os RR son fondos que non teñen un destino xeográfico ou unha temática fixada, e UNICEF pódeos utilizar, sen restricións, naqueles lugares ou programas que os nenos necesitan máis en cada momento.


Os recursos de UNICEF Comité Español proveñen das contribucións voluntarias, tanto de cidadáns coma do sector privado e as administracións públicas. Os ingresos de UNICEF Comité Español en 2013 ascenderon a 65.174.861 euros. Destes fondos, a maior parte (96,3%) procede do sector privado (socios, doadores, empresas e fundacións) e o 3,7% das administracións públicas (gobernos autonómicos, provinciais e locais).


Tamén está dispoñible en versión online.

A Memoria Anual 2013 deUNICEF Comité Españolrecolle o traballo e osresultados pola infancia obtidos en 2013 pola organización, en colaboración con socios, doadores e colaboradores, institucións públicas e privadas.