Memoria Anual 2014 de UNICEF España
Tal e como destaca o noso presidente, Carmelo Angulo: "En 2014 dedicamos 46,6 millóns de euros aos nosos programas de cooperación e emerxencias en máis de 150 países e tamén ao traballo que desenvolvemos en España. O noso obxectivo é reducir a cero a mortalidade infantil, que todos os nenos vaian á escola, que non haxa traballo infantil, nin abusos... Somos optimistas".
Nesta Memoria explicamos o traballo que fixemos grazas ás achegas de socios, doadores particulares, empresas, fundacións, medios de comunicación, amigos, embaixadores, seguidores en redes sociais, centros educativos e administracións públicas.
Contribuímos ao traballo global de UNICEF que logrou que 31 millóns de persoas teñan acceso a auga potable, 22 millóns de nenos estean protexidos contra o sarampelo en situacións de emerxencia ou que 10.204 nenos soldado queden libres dos grupos armados, entre outros grandes logros", engade Carmelo Angulo.
UNICEF Comité Español foi en 2014 o noveno comité en achega de fondos a UNICEF, a maior parte con destino aos Recursos Regulares (RR). Os RR son fondos que non teñen un destino xeográfico ou unha temática fixada, e UNICEF pódeos utilizar, sen restricións, naqueles lugares ou programas que os nenos necesitan máis en cada momento.
Grazas a todos polo voso apoio e pola vosa determinación para construír un mundo máis xusto para todos os nenos.
Tamén está dispoñible en versión online.
A Memoria Anual 2014de UNICEF Comité Español recolle o traballo e osresultados pola infancia obtidos en 2014 pola organización, en colaboración con socios, doadores e colaboradores, institucións públicas e privadas.