Memoria UNICEF-Comité Español 2006
A Memoria 2006 de UNICEF-Comité Español reflicte o traballo desenvolvido e os resultados obtidos durante o ano. En 2006, traballamos en España para fortalecer a nosa presenza social, impulsar o labor de UNICEF na consecución dos Obxectivos do Milenio e reforzar os principios e valores que marcan a súa actuación en todo o mundo.
Durante o 2006, o Comité Español de UNICEF, convertido en Fundación, realizou un intenso esforzo por axuntar estratexicamente o crecemento en recadación co fortalecemento da súa voz para transmitir con firmeza e claridade os problemas que afectan á infancia, así como o papel crave de UNICEF no logro de solucións e resultados. Con este obxectivo estabelecéronse novas alianzas e fortalecéronse as existentes, chamouse a atención sobre o efecto devastador que produce na infancia a pandemia da SIDA, sobre as distintas emerxencias ocorridas durante o ano e sobre a situación de especial vulnerabilidade dos nenos con respecto aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.