Missing Childhoods: The impact of armed conflict on children in Nigeria and beyond

Uns 800.000 nenos víronse obrigados afuxir dos seus fogares poloconflito no nordés de Nixeriaentre Boko Haram, as forzas militares e os grupos de autodefensa civil, segundo este novo informe de UNICEF.

Publicado un ano despois do secuestro de máis de 200 alumnas en ChibokMissing Childhoods (Infancias perdidas) revela que o número de nenos que foxe dentro de Nixeria para tratar de salvar a súa vida, ou que cruza a fronteira cara a Chad, Níxer e Camerún, ten máis que duplicadoen pouco menos dun ano.

Missing Childhoods describe como o conflito é unha carga cada vez máis pesada para os nenos de Ni
xeria e de toda a rexión:
 
  • Os nenos están a ser utilizados nas filas de Boko Haram como combatentes, cociñeiros, carrexadores e vixías.
  • As mulleres novas e as nenas están a ser sometidas amatrimonios forzados, a traballos forzados e son vítimas deviolacións.
  • Os estudantes e mestres convertéronse de forma deliberada en obxectivos da violencia: máis de 300 escolas sufriron danos ou foron destruídas e polo menos 196 profesores e 314 alumnos morreran a finais de 2014.
UNICEF intensificou a súa resposta humanitaria á crise. Durante os últimos seis meses, a organización proporcionouasesoramento e apoio psicosocial a máis de60.000 nenos e nenas afectados polo conflito en Nixeria, Níxer, Camerún e Chad, para axudar a aliviar a dor que lles producen os recordos, reducir o estrés e facer fronte á angustia emocional.

UNICEF
 tamén está a traballar con diversos aliados para proporcionarauga potable e servizos vitais desaúde, restaurar o acceso áeducación mediante a creación de espazos temporais de aprendizaxe e ofrecer tratamento terapéuticoaos nenos desnutridos.