Nepal earthquake Humanitarian Situation Report: One Month Review
Pasou un mes dende que o primeiro desvastador terremoto sacudiu Nepal, o 25 de abril de 2014. Dende entón, máis de 8.600 persoas morreron e máis de 18.000 están feridas.
Durante este mes, UNICEF activou unha importante resposta de axuda para os nenos con necesidades urxentes, como:
- Proporcionou auga potable para 305.109 persoas e un saneamento axeitado e instalacións para o lavado de mans a 45.201 persoas.
- 10.000 nenos nas comunidades desprazadas teñen acceso aos espazos amigos da infancia.
- Preto de 9.000 nenos e máis de 2.000 pais recibiron axuda psicosocial de emerxencia.
- Máis de 3.000 nenos menores de 5 anos foron vacinados contra o sarampelo e a rubeola nunha campaña que continúa nos distritos máis afectados.