Ni ilegales ni invisibles: realidad jurídica y social de los menores extranjeros en España (Nin ilegais nin invisibles: realidade xurídica e social dos menores estranxeiros en España)
Informe elaborado por UNICEF- España e o Consello Xeral da Avogacía, co apoio da Fundación Banesto.
O informe analiza realidade xurídica e social dos menores estranxeiros en España, reflexionando sobre algúns dos problemas aos que se enfrontan cada día estes nenos e nenas e expón algunhas vías de acción para lograr que non se esqueza que, antes que estranxeiros, son nenos.
Entre os colectivos máis vulnerables atópase o dos estranxeiros, inmigrantes e solicitantes de asilo, e especialmente os menores estranxeiros, en situación de risco ou desamparo aos que lles afectan non só as barreiras propias das súas diferenzas culturais e lingüísticas senón tamén as procedentes da súa precaria situación xurídica.
UNICEF é a axencia de Nacións Unidas encargada de velar polo cumprimento dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes.
UNICEF-Comité Español traballa para que eses dereitos sexan aplicables a todos os menores de idade en España. Pola súa banda, o Consello Xeral da Avogacía Española (CGAE), órgano representativo dos avogados españois, ten como finalidade esencial velar polo cumprimento da Avogacía no exercicio dos labores de orientación, asesoramento, consello e defensa das liberdades, dereitos e intereses dos cidadáns e as persoas en xeral, con atención especial aos grupos humanos máis desfavorecidos e que precisan máis a protección do Dereito.