¿Nos escucharán?: Las opiniones de jóvenes de zonas de conflicto (Escoitarannos?: as opinións de rapazas en zonas de conflito)
Este é un informe paralelo a “Examen Estratégico Decenal del Estudio Machel” (Exame Estratéxico Decenal do Estudo Machel)sobre infancia e conflitos armados.Reúneos puntos de vista e as recomendacións de aproximadamente 1.700 nenos, nenas e rapazas de 92 países. As súas opinións e ideas constitúen unha achega fundamental ao Exame, e obtivéronse por medio dunha serie de debates de grupos de discusión e cuestionarios en Internet.
Somos de Afganistán, Angola, Burundi, Colombia, Filipinas, Haití, Iraq, Kósovo (Serbia), Liberia, Nepal, República Centroafricana, Rwanda, Serra Leona, Somalia, Sri Lanka, Sudán, Territorio Palestino Ocupado, Uganda e moitos países máis.
Non diremos os nosos nomes porque podería ser perigoso para nós.
Todos nós temos unha cousa en común: os conflitos armados afectaron as nosas vidas. Por iso, aínda que sexamos de diferentes lugares e os nosos problemas non sempre son os mesmos, falamos cunha soa voz.
Aínda non perdemos completamente a esperanza. Aínda temos grandes soños, desexamos ir á escola e xogar cos nosos amigos. Queremos axudar a consolidar a paz nas nosas sociedades e converter este mundo nun lugar mellor. Colaborar con este informe deunos a algúns a grande oportunidade de atoparnos cos nosos amigos e compartir as nosas historias. Tamén foi unha oportunidade para contarlles, finalmente, o que pensamos e sentimos.
Pero falar non é suficiente. Veremos algún cambio despois de que vostedes se xunten para falar de nós? Escoitarán as nosas opinións e actuarán sobre a base do que lles contemos?
Temos unha inmensa enerxía e a firme vontade de loitar polo noso futuro. Moitos xa comezamos a dar pasos para acadae esta meta. Uniranse vostedes a nós?